Quinta de Bolívar

monumento nacional de Colombia

A Quinta de Bolívar é unha casa museo de estilo colonial que se atopa na localidade de Bogotá, a cal ademais do seu interese arquitectónico é relevante dende o punto de vista histórico por servir como residencia de Simón Bolívar na cidade de Bogotá, capital do Novo Reino de Granada, e trala independencia, da Gran Colombia.

Quinta de Bolívar
Quinta de Bolívar.
Coordenadas
País Colombia
CidadeBogotá
TipoMuseo histórico
DirectorElvira Pinzón Méndez
Inauguración28 de novembro de 1919
editar datos en Wikidata ]

As orixes da Quinta de Bolívar remóntanse a 1680, cando o bacharel Pedro Solís de Valenzuela fixo doazón dunha porción de terra á capellanía da Ermida de Montserrate. Desta propiedade, a Ermida dispuxo até o 29 de xaneiro de 1800, cando o presbítero domiciliario e capelán da mesma, cóengo José Torres Patiño, a vendeu ó adiñeirado comerciante José Antonio Portocarrero, contador principal da Renda de Tabaco en Santafé, quen iniciou a construción da quinta como casa de recreo, podendo gozar da súa obra até 1810, cando faleceu. Os seus herdeiros non puideron efectuar o mantemento adecuado da quinta, debido a que se atopaban en exilio por ser partidarios da Coroa. Contra o ano 1819, a quinta atopábase nun estado de abandono extremo.

Despois da independencia, a propiedade foi comprada polo novo goberno independente como agasallo para Simón Bolívar. O Libertador ocupouna por primeira vez en 1821 e logo en 1826. Durante este período foi ocupada por un parente de Bolívar, quen a deixou descoidar novamente. Logo, en 1827, regresou o Libertador xunto con Manuelita Sáenz, quen converteu a quinta en lugar máis amable para a vida e centro de reunións políticas dos seguidores de Bolívar.

En 1830, a casa, coñecida nese entón como a Quinta de Portocarrero, foi traspasada a mans de José Ignaciano París, e durante o resto do século XIX tivo diferentes usos: foi sitio de reunións de grupos políticos conservadores, colexio de señoritas, casa de saúde, fábrica de bebidas e fábrica. En 1922, o Estado volveuna a comprar para a súa restauración e posta en funcionamento dun museo bolivariano.

O 17 de xaneiro de 1974, o Movemento 19 de Abril roubou a espada do Libertador, coa consigna "Bolívar, a túa espada volve á loita".

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar