Plataforma Queremos Galego!
Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que naceu en 2009 para artellar unha ampla resposta colectiva a prol da lingua galega, mediante a defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación, e con intención de conseguir a progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.
Plataforma Queremos Galego! | |
---|---|
Tipo | institución cultural |
Propósito | normalización lingüística |
Campo de traballo | lingua galega |
Data de fundación | 2009 |
Na rede | |
https://www.queremosgalego.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Obxectivos
editarQueremos Galego!, segundo afirma na súa páxina web, naceu
tras un proceso de debate e reflexión colectiva arredor da difícil situación que está a vivir a lingua neste momento concreto. A un estado de saúde de por si preocupante, como reflicten todos os estudos elaborados até o momento, únese un elemento non menos grave: as medidas regresivas que no ámbito da lingua ou da cultura está a aplicar o actual goberno da Xunta xa desde os primeiros días da lexislatura.
Repercusión
editarEsta plataforma conseguiu adhesións desde diversos colectivos de distintos puntos de Galiza[1]: asociacións culturais e deportivas, asociacións de nais e pais, partidos políticos, sindicatos etc.
A plataforma convocou dúas manifestacións en 2009 (unha o 17 de maio[2] e outra o 18 de outubro[3]) con importante éxito canto a número de persoas, e o 21 de xaneiro de 2010 convocou unha folga xeral no ensino e manifestación en Santiago de Compostela, que foi secundada pola maioría sindicatos, os partidos políticos da oposición, profesorado, alumnado, nais e pais, a MNL e diversos colectivos[4][5][6].
Notas
editar- ↑ "Lista de adhesións colectivas.". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2010. Consultado o 20 de maio de 2010.
- ↑ Uns 40.000 galegos apoian á Mesa en defensa da lingua Arquivado 20 de maio de 2009 en Wayback Machine., Xornal.com.
- ↑ Unha manifestación plural e histórica a prol do galego ateiga Santiago Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine., A nosa Terra.
- ↑ Milleiros de persoas, na rúa polo galego Arquivado 23 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., Xornal.com.
- ↑ Unhas 80.000 persoas desaprobaron no Obradoiro o borrador de Núñez Feijóo Arquivado 24 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., A Peneira dixital.
- ↑ A manifestación contra o borrador en imaxes Arquivado 25 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine., A nosa Terra.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plataforma Queremos Galego! |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Manifestación do 21 de xaneiro de 2010, Xornal.com.
- Vídeo da manifestación do 21-1-2010, A nosa Terra.
- Vídeo realizado durante a manifestación do 21 de xaneiro, polo Equipo de Normalización Lingüística do IES Porto do Son.