Putten

municipio de Güeldres

Putten (pronunciación en neerlandés: [ˈpʏtə (n)]) é unha cidade e municipio da provincia de Güeldres, Países Baixos.

Modelo:Xeografía políticaPutten
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°15′28″N 5°36′29″L / 52.25786124, 5.60795518Coordenadas: 52°15′28″N 5°36′29″L / 52.25786124, 5.60795518
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
ProvinciasGueldria Editar o valor em Wikidata
CapitalPutten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
't Oever (en) Traducir
Bijsteren (en) Traducir
Diermen (en) Traducir
Gerven (en) Traducir
Halvinkhuizen (en) Traducir
Hell (en) Traducir
Hoef (en) Traducir
Huinen (en) Traducir
Huinerbroek (en) Traducir
Huinerwal (en) Traducir
Koudhoorn (en) Traducir
Krachtighuizen (en) Traducir
Putten (en) Traducir
Steenenkamer (en) Traducir
Veenhuizerveld (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación24.365 (2021) Editar o valor em Wikidata (278,62 hab./km²)
Número de fogares9.805 (2015) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie87,45 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude17 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal3880–3882 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0341 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webputten.nl Editar o valor em Wikidata
Facebook: gemeenteputten Twitter: gem_putten Instagram: gemeenteputten LinkedIn: gemeente-putten Youtube: UCYHkZDuVgbal7LkRQtmRgeQ Editar o valor em Wikidata

Encóntrase na zona costeira do antigo Zuiderzee. Ao leste de Putten encóntrase Veluwe, o parque nacional máis grande dos Países Baixos. Ao norte, leste e oeste, Putten está rodeado de terras de cultivo.

Sitado a unha altitude media de 17 msnm,[1] o municipio conta cunha extensión de 87,50 km²,[2] e no ano 2019 tiña unha poboación de 24 198 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 284 hab./km2.

Historia editar

Até a segunda guerra mundial editar

O documento oficial máis antigo no que se menciona a Putten remóntase ao ano 855. Porén, xa existían pequenos asentamentos durante a época romana. Despois da fundación da actual igrexa principal no século X, a comunidade converteuse no centro de varios asentamentos máis pequenos. Partes de Nijkerk e Voorthuizen tamén se convertieron en parte da área de Putten, até que en 1530 Nijkerk, e máis tarde tamén Voorthuizen, transformáronse en comunidades independentes.

Até 1356, cando se constríu un dique, a costa cambiaba con frecuencia, inundando terras agrícolas no oeste de Putten. Porén, a auga seguía sendo unha ameaza e o dique rompeu varias veces. A última gran inundación foi en 1916, cando gran parte de Putten se inundou. Despois de que se construíu o Afsluitdijk no norte dos Países Baixos, o Zuiderzee converteuse nun lago (1927-1933) a xa non representa unha ameaza.

A agricultura sempre foi unha fonte importante de ingresos en Putten. A fabricación de papel tamén foi importante desde os séculos XVII ao XIX. A partir de finais do século XIX comezou o turismo na zona, axudado pola chegada do ferrocarril en 1863. Isto facilitou á xente doutros pobos as vacacións nas pensións que se construíran en Putten. Entre as persoas doutros lugares tamén había pacientes que padecían tuberculose e enfermidades similares, que se beneficianan da luz do sol e do aire limpo, e se recuperaban en varios sanatorios.

Putten sufriu considerabelmente pola violencia militar. Durante os séculos XV, XVI e XVII, Putten foi incendiado polo menos en cinco ocasións.

Segunda guerra mundial editar

Unha das maiores incursións nazis realizadas nos Países Baixos durante a segunda guerra mundial tivo lugar en Putten. Os días 1 e 2 de outubro de 1944, a maioría da poboación masculina foi deportada da vila, e a maioría deles morreron en campos de concentración como Neuengamme e Birkenau. Despois da guerra, dous dos oficiais alemáns responsábeis foron xulgados e condenados por esta acción. As redadas foron unha represalia por un ataque da resistencia local que matou a un oficial da Wehrmacht preto de Nijkerk. O 1 e o 2 de outubro conmemóranse todos os anos en Putten. Un monumento de guerra na igrexa de Putten e un xardín conmemorativo (Vrouwtje van Putten Herdenkingshof) conmemoran o suceso e a perda de vidas.

Número total de homes deportados 661
Levados a Amersfoort 59
Deportados a Neuengamme 602
Saltaron do tren no camiño a Neuengamme 13
Chegados a Neuengamme 589
Volveron a Putten despois da liberación 49
Mortos en campos de concentración alemáns 540
Asasinados durante a redada 7
Mortos pouco despois do regreso 5
Númeo total de mortos 552

Galería editar

Notas editar

  1. "Postcodetool for 3881BZ". Actueel Hoogtebestand Nederland. Het Waterschapshuis. Consultado o 17 de xullo de 2021.
  2. "Kerncijfers wijken en buurten 2020". StatLine. CBS. 24 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2021.
  3. "Bevolkingsontwikkeling; regio per maand". CBS Statline. 1 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2021.