CD Oximesa

(Redirección desde «Puleva Granada»)

O Club Deportivo Oximesa foi un equipo profesional español con sede na cidade de Albolote, Granada. En 1992 o club xogou na cidade de Granada e adoptou no nome de Baloncesto Granada. Porén, despois da temporada 1992−93, o equipo desapareceu. O club xogaba os seus partido como local no Pavillón José Antonio Murado, curiosamente bautizado por Drazen Petrovic como "o peor pavillón do mundo".[1]

CD Oximesa
Información xeral
Fundación 1979
Desaparición 1993
Cores           Branco, azul
Localización
Cidade España Albolote, España
Pavillón José Antonio Murado
Capacidade 4 700
Inauguración 1955

Historia editar

O Club Deportivo Oximesa foi fundado no ano 1979. Empezou a competir en categoría provincial, conseguindo o ascenso á Terceira División na súa primeira temporada. Na seguinte campaña, a 1980−81, conseguiu un novo ascenso chegando á Segunda División. Após xogar dúas temporadas nesta categoría, a 1981−82 e a 1982−83, conseguiu o ascenso á Primeira B, naquela altura segunda máxima categoría do baloncesto español. Nas temporadas 1983−84, 1984−85 e 1985−86 estivo loitando polo ascenso a máxima categoría, ascendendo por fin á ACB en 1986 tras gañar o playoff. Neste playoff venceu en semifinais ao Tizona (2−0) e nas finais ao Caja de Ronda (2-0).[2]

Na súa primeira campaña na Liga ACB, tras contar con tres adestradores diferentes ao longo do ano, o equipo acabou salvando a categoría tras finalizar en décimo primeiro lugar. Cómpre destacar que perdeuperdeu en semifinais da Copa Príncipe tras vencer en oitavos de final ao Clesa Ferrol (87−84) e en cuartos de final ao Cajabilbao (82−83). Porén, non puideron vencer no paso previo á final ao TDK Manresa (83−78).[3] Na seguinte campaña, a 1988−89 o club consegue de novo a salvación. Ademais, conseguiron acadar os oitavos de final da Copa do Rei, onder foron eliminados polo Real Madrid. Na temporada 1991−92, tras varias salvacións, o club trasládase desde Albolote até Granada, cando o Concello da capital provincial adquiriu os dereitos do equipo e mudou o nome por Baloncesto Granada. Con todo, o equipo acabar por descender após perder nos playoffs de descenso en primeira rolda ante o DYC Breogán (0−3) e na segunda rolda ante o Coren Ourense (0−3). Tras a temporada 1992−93, onde volveu xogar na Primeira B, desapareceu.

Patrocinios editar

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Oximesa Granada (1979–1988)
  • Puleva Granada (1988–1992)
  • Ciudad de Granada (1992–1993)

Xogadores editar

Destacados editar

Adestradores editar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Oximesa en Liga ACB.

Historial editar

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1979–80 5 Provincial
1980–81 4 3ª División
1981–82 3 2ª División
1982–83 3 2ª División
1983–84 2 1ª División B 15–11
1984–85 2 1ª División B 14–12
1985–86 2 1ª División B 23–9
1986–87 1 ACB 11º 13–18 Copa Príncipe SF
1987–88 1 ACB 11º 15–16 Copa Príncipe OF
1988–89 1 ACB 14º 17–24 Oitavos de final
1989–90 1 ACB 20º 16–24 Primeira rolda
1990–91 1 ACB 22º 12–30 Primeira rolda
1991–92 1 ACB 24º 9–31 Segunda rolda
1992–93 2 1ª División 21–19

Notas editar

  1. Quero, Jesús (28 de agosto de 2013). "El Peor Pabellón del Mundo". solobasket.com (en castelán). 
  2. "Primera División 'B' 1985/86". hispaligas.net. 
  3. "Copa Príncipe de Asturias 1986/87". bancoderesultados.jmalmenzar.com. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar