Pardela mediterránea

(Redirección desde «Puffinus yelkouan»)
Puffinus yelkouan
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Procellariiformes
Familia: Procellariidae
Xénero: Puffinus
Especie: P. yelkouan
Nome binomial
Puffinus yelkouan
(Acerbi, 1827)
Sinonimia

Procellaria yelkouan Acerbi, 1827
Puffinus puffinus yelkouan (Acerbi, 1827)
Puffinus yelkouan yelkouan (Acerbi, 1827)

A pardela mediterránea[2], furabuchos mediterráneo[3] ou furabochos (Puffinus yelkouan) é unha especie de ave procelariforme da familia Procellariidae propia do Mediterráneo e mar Negro.

Ovo da especie.

Descrición editar

A pardela mediterránea ou furabochos é unha pardela de tamaño medio, que mide de 34 a 39 cm de longo e ten unha envergadura alar de 78 a 90 cm. Ten a plumaxe das partes superiores anegrada e a das inferiores branca, e é moi parecida ao furabochos atlántico, do que é moi difícil de diferenciar, aínda que non adoitan solaparse ns súas áreas de distribución.[4] Ao contrario, si coincide en gran parte do Mediterráneo occidental coa pardela balear, pero diferéncianse algo mellor porque esta última non é tan escura nas partes superiores, e ademais ten os flancos manchados, o que fai que o contraste entre as partes superiores e inferiores sexa menor.

Ten unha chamada repetitiva e prolongada que soa como "aii-h iich".

Taxonomía e filoxenia editar

A pardela mediterránea clasifícase no xénero Puffinus, que pertence á familia das pardelas (Procellariidae), unha das catro familias principais da orde Procellariiformes, xunto a Diomedeidae (albatros), Hydrobatidae (paíños) e Pelecanoididae.[5] Os procelariformes son aves mariñas que se caracterizan por ter bicos con tubos nasais sobresaíntes e ás longas e estreitas,[6] coas que voan planando sobre o mar longas distancias.

A pardela mediterránea foi descrita cientificamente polo naturalista italiano Giuseppe Acerbi en 1827,[7] como unha subespecie do furabochos atlántico, co nome de Puffinus puffinus yelkouan.[8] Posteriormente, escindiuse a pardela mediterránea nunha especie separada,[9][10] con P. y. yelkouan como subespecie nominal e contendo como outra subespecie a pardela balear (P. y. mauretanicus).[11] Mais as análises xenéticas indicaron que debían dividirse en dúas especies,[9][12] quedando Puffinus yelkouan como especie monotípica.[5][13]

As dúas liñaxes vivas de pardelas do Mediterráneo (a pardela mediterránea e a balear) probablemente se separaron antes do Plioceno (hai aproximadamente 2 millóns de anos), como indican as diferenzas xenéticas e os fósiles atopados en Ibiza de Puffinus nestori, de finais do Plioceno e comezos do Plistoceno, que puido ser o devanceiro directo das dúas especies actuais.[12]

Distribución e ecoloxía editar

É unha especie gregaria que se alimenta principalmente de peixes e luras. Segue os barcos cando descargan descartes de pesca. Distribúese por toda a cunca mediterránea e o mar Negro, e tamén, pero escasamente, pola costa atlántica. A pardela mediterránea cría en illas e cantís costeiros, especialmente no Mediterráneo oriental e central. A maioría pasa o invierno no mar, pero algúns exemplares migran ao océano Atlántico a finais do verán. Adoita aniñar en tobos e gretas que visita só pola noite para evitar a depredación das gaivotas grandes.

A súa principal ameaza é o crecemento das urbanizacións turísticas costeiras xunto aos seus lugares de cría, ademais dos depredadores introducidos polos humanos como os gatos e as ratas. Na illa de Levant da costa francesa, un dos seus principais lugares de nidación, os gatos matan miles de pardelas cada ano e estímase que de non se tomar medidas podería producirse a extinción local en varias décadas.[14]

O estudo dunha colonia de cría en Menorca concluíu que a súa variabilidade xenética era moi baixa, polo menos na poboación máis occidental, e historicamente a pardela mediterránea ten sufrido marcados descensos de poboación, polo que aínda que non está directamente ameazada a xulgar polo tamaño da súa poboación, podería ser vulnerable aos efectos adversos da endogamia.[15]

Ata 2014 a IUCN clasificábaa como especie baixo preocupación menor.[16] Pero investigacións máis recentes mostraron que era máis escasa do que se cría, polo que foi reclasificada co status de especie case ameazada en 2008,[17] e como vulnerable en 2012.[18]

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Puffinus yelkouan". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2015.4 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 22 de marzo de 2016. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. "furabuchos mediterráneo". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  4. Mullarney,K.; Svensson, L.; Zetterström, D; y Grant, P.J. (2003). Guía de Campo de las Aves de España y de Europa. Editorial Omega. ISBN 84-282-1218-X. 
  5. 5,0 5,1 Frank Gill e David Donsker. Loons, penguins, petrels. IOC World Bird List versión 5.4.
  6. Hoyo, Josep del; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi; Christie, David A; de Juana, Eduardo (eds.) (2013). "Procellariidae: Petrels, Shearwaters". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 14 de decembro de 2014. 
  7. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Procellariiformes
  8. Harrison, Peter (1988): Seabirds (2ª ed.). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8
  9. 9,0 9,1 Austin, Jeremy J; Bretagnolle, Vincent; Pasquet, Eric (2004). "A global molecular phylogeny of the small Puffinus shearwaters and implications for systematics of the Little-Audubon's Shearwater complex" (PDF). Auk 121 (3): 847–864. doi:10.2307/4090321. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2015. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  10. Sibley, Charles Gald & Monroe, Burt L. Jr. (1990): Distribution and taxonomy of the birds of the world. Yale University Press, New Haven, CT. ISBN 0-300-04969-2
  11. Wink, Michael; Heidrich, Petra & Ristow, D. (1993): Genetic evidence for speciation of the Manx shearwater (Puffinus puffinus) and the Mediterranean Shearwater (P. yelkouan). Die Vogelwelt 114(6): 226-232. [Artigo en inglés, resumo en alemán] PDF texto completo
  12. 12,0 12,1 Heidrich, Petra; Amengual, José F. & Wink, Michael (1998): Phylogenetic relationships in Mediterranean and North Atlantic shearwaters (Aves: Procellariidae) based on nucleotide sequences of mtDNA. Biochemical Systematics and Ecology 26(2): 145–170. doi 10.1016/S0305-1978(97)00085-9 PDF texto completo
  13. Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002): Taxonomic recommendations for European birds. Ibis 144(1): 153–159. doi 10.1046/j.0019-1019.2001.00026.x Texto completo Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
  14. Bonnaud, E.; et al. (2012). "Predation by cats could lead to the extinction of the Mediterranean endemic Yelkouan Shearwater Puffinus yelkouan at a major breeding site". Ibis 154: 566–577. doi:10.1111/j.1474-919x.2012.01228.x. 
  15. Genovart et al. (2005)
  16. BLI (2004)
  17. BLI (2008)
  18. "Recently recategorised species". BirdLife International (2012). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar