Ptilopachus
Ptilopachus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ptilopachus petrosus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
Ptilopachus é un xénero de aves da orde dos galiformes e familia dos odontofóridos, hoxe clasificado na subfamilia monotípica dos odontoforinos.
Comprende dúas especies africanas (mentres que as outras 32 especies da familia son propias do Novo Mundo).
Características
editarAmbas as species son relativamente pequenas, dunha lonxitude aproximada duns 25 cm, de habitos terrestres e aparencia de paspallases, cacarterizadas por presentaren un anel ocular vermello e a base do bico, as patas e a plumaxe das partes superiores apardazadas.[1]
Taxonomía
editarTradicionalmente estas dúas especies situábanses na familia dos fasiánidos, sub familia dos perdicinos, pero agora sábese, por evidencias xenéticas, que están máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[2][3][4]
Do mesmo xeito, tradicionalmente, só a especie Ptilopachus petrosus se incluía no xénero,[5][6] pero en base ás evidencias xenéticas agora tamén se inclúe a chamada perdiz de Nahan, Ptilopachus nahani, que anteriormente se consideraba un francolín.[1][7]
Estes estudos tamén conclúen que este xénero está máis estreitamente relacionado cos papallases do Novo Mundo (odontofóridos) e podería considerarse o seu único representante en África, pero algúns taxónomos aínda a inclúen nos fasiánidos. (Cómpre dicir que a EOL inclúe as dúas especies nos odontofóridos).[8]
Recentemente (2013) o xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos ptilopaquinos (Ptilopachinae), diferenciada da dos odontoforinos (Odontophorinae), que engloba ás 32 especies de paspallases do Novo Mundo.[9]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 McGowan, P. J. K. (1994): "Francolins (genus Francolinus)". En: del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J., eds. (1994): Handbook of the Birds of the World. Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6, pp.489-504.
- ↑ Crowe, T. M.; Bowie, R. C. K.; Bloomer, P.; Mandiwana, T. G.; Hedderson, T. A. J.; Randi, E.; Pereira, S. & Wakeling, J. (2006): "Phylogenetics, biogeography and classification of, and character evolution in, gamebirds (Aves: Galliformes): Effects of character exclusion, data partitioning and missing data". Cladistics 22: 495-532.
- ↑ Crowe, T. (2010): "Phylogenetic affinities of enigmatic African galliforms: the Stone Partridge Ptilopachus petrosus and Latham's and Nahan's 'Francolins' Francolinus lathami and F. nahani. Cladistics 26: 206-206.
- ↑ Gill, F. & Donsker, D., eds. (2010): [[[[Consello Ornitolóxioco Internacional|IOC World Bird Names. Versión 9.1 (2019). Consultada o 1 de febreiro de 2019.
- ↑ Ptilopachus petrosus (Gmelin, 1789) no ITIS.
- ↑ Ptilopachus. Stone partridge na ADW.
- ↑ Francolinus nahani Dubois, 1905 no ITIS.
- ↑ Ptilopachus Swainson 1837 na EOL.
- ↑ Bowie, Rauri C. K., Callan Cohen & Timothy M. Crowe (2013): "Ptilopachinae: a new subfamily of the Odontophoridae (Aves: Galliformes)". Zootaxa 3670 (1): 97-98.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.