Proxecto obaixoulla.gal
obaixoulla.gal é unha páxina web creada pola Asociación Cultural Os Penoucos como proxecto colaborativo obaixoulla.gal | patrimonio + territorio + paisaxe, onde persoas voluntarias cartografan patrimonio cultural, natural e paisaxístico do treito baixo do río Ulla.[1][2]
Proxecto obaixoulla.gal | |
---|---|
Tipo | sitio web |
Data de fundación | 2019 |
País | España |
Na rede | |
https://www.obaixoulla.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarNun inicio catalogáronse elementos dos concellos de Catoira (San Mamede de Abalo, San Miguel de Catoira, San Pedro de Dimo e Santa Baia de Oeste), Dodro (Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño), Padrón (San Pedro de Carcacía, Santiago de Padrón, Santa María de Iria Flavia, Santa María de Cruces e Santa María de Herbón), Pontecesures (San Xulián de Requeixo), Rianxo (Santa María de Asados, Santa Baia do Araño, Santa María de Isorna, Santa María de Leiro, Santa Comba de Rianxo e San Salvador de Taragoña) e Valga (Santa Cristina de Campaña, San Miguel de Valga, Santa María de Xanza, San Salvador de Setecoros e Santa Comba de Cordeiro). Desde 2024 incorpóranse tamén elementos de Vilagarcía de Arousa (San Xens de Bamio).
A plataforma web emprega software libre.[2][3]
Notas
editar- ↑ "O proxecto | obaixoulla.gal". www.obaixoulla.gal. Consultado o 2024-07-25.
- ↑ 2,0 2,1 "O Baixo Ulla". Asociación Cultural Os Penoucos. 2017-12-07. Consultado o 2024-07-25.
- ↑ "Software Libre | obaixoulla.gal". www.obaixoulla.gal. Consultado o 2024-07-25.