Provincia de Chachoengsao
Chachoengsao | |
![]() ![]() | |
Capital | Chachoengsao |
Rexión | Rexión Central |
Poboación | 635.153 habitantes |
Censo | abril de 2000 |
Área | 5.351,0 km² |
Densidade | 118,70 hab/km² |
Poboación estimada | 649.758 habitantes (xullo de 2002) |
Localización da provincia | |
![]() |
Chachoengsao (en tailandés: ฉะเชิงเทรา) é unha das setenta e seis provincias que conforman a organización territorial de Tailandia, localizada na Rexión Central. A súa capital é a cidade de Chachoengsao.
Xeografía Editar
Na parte oeste da provincia, río abaixo, atópase a chaira do río Bang Pa Kong, que se emprega profusamente para o cultivo de arroz. Cara ao leste o terreo é máis accidentado, cunha altura media de máis de 100 metros sobre o nivel do mar. Limita coas provincias tailandesas de, empezando polo norte e seguindo o sentido dos agullas do reloxo: Prachin Buri, Sa Kaeo, Chanthaburi, Chon Buri, Samut Prakan, Bangkok, Pathum Thani e Nakhon Nayok. Tamén ten unha pequena porción de límite no Golfo de Tailandia.
Símbolos Editar
O selo provincial mostra a fachada principal do templo de Sothornvararamvoraviharn. Nesta fachada atópase a estatua de Buda máis importante da provincia, denominada Luang Por Buddha Sothorn.
A árbore da provincia é a Peltophorum dasyrachis, asignada pola raíña Sirikit no 50º aniversario da coroación do Rei Rama IX no 2000. A flor da provincia é a Peltophorum pterocarpum.
O lema provincial é: "O abundante río Bang Pakong, a sagrada imaxe de Buda de Luangpho Sothon, Phraya Si Sunthon o erudito da lingua tailandesa, e o inmaculado bosque de Ang Rue Nai".
Distritos Editar
A provincia está subdividida en 10 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e o subdistrito son divididos á súa vez en 93 comunas (tambons) e estas, en 859 poboados (moobans).
Amphoe | King Amphoe | |
---|---|---|
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |