Abrir o menú principal

Protopelicanus cuvierii
Rango fósil: Eoceno Tardío
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: incerti ordinis
Familia: incertae familiae
Xénero: Protopelicanus
Reichenbach, 1852[1]
Especie: P. cuvierii
Nome binomial
Protopelicanus cuvierii
Reichenbach, 1852

Protopelicanus cuvierii é unha especie fósil de suposta ave acuática de afinidades incertas. Foi brevemente descrita e debuxada por Georges Cuvier en 1822 a partir de material do Eoceno tardío de Montmartre, Francia, aínda que non foi formalmente descrita e nomeada ata 1852 polo botánico e ornitólogo alemán Ludwig Reichenbach como un Pelecanidae temperán. O material orixinal constaba da parte cranial da escápula esquerda e un fémur esquerdo case completo. O fémur lectotipo foi considerado por Michel Brunet en 1970 como típico dun pelicano. Porén, Colin Harrison en 1979 considerou que pertencía a Sulidae, e Storrs Olson en 1995 pensaba que podería ser un pelagornítido. O fémur consérvase no Muséum national d'histoire naturelle de París (No.7978); a localización do fragmento escapular descoñécese.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Mlíkovský, Jiří (1995). "Nomenclatural and taxonomic status of fossil birds described by H. G. L. Reichenbach in 1852." (PDF). Courier Forschungsinstitut Senckenberg 181: 311–316. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de outubro de 2013. Consultado o 10 de maio de 2016.