Factor sensible á N-etilmaleimida


PDB 1d2n
Factor sensible á N-etilmaleimida
Identificadores
Símbolo NSF
Símbolos alt. SKD2
Entrez 4905
OMIM

601633

RefSeq NP_006169
UniProt P46459
Outros datos
Número EC 3.6.4.6
Locus Cr. 17 :(46.59 – 46.76 Mb)

O factor sensible á N-etilmaleimida, tamén chamado proteína de fusión sensible á N-etilmaleimida, abreviada como NSF (do inglés N-ethylmaleimide sensitive factor ou N-ethylmaleimide sensitive fusion protein), é un encima que nos humanos está codificado no xene NSF do cromosoma 17.[1][2][3] Intervén na fusión de membranas de vesículas sinápticas con outras membranas.

O NSF foi descuberto por James Rothman e colegas en 1987 mentres traballaba na Universidade Stanford; estes investigadores identificaron o NSF despois de observar que un factor citplasmático, necesario para a fusión de membranas, era inactivado polo tratamento con N-etilmaleimida. Este ensaio permitiulles purificar o NSF.[4]

Función editar

O NSF é unha ATPase AAA homohexamérica implicada na fusión de membranas.[5] O NSF atópase no citoplasma das células eucarióticas. É un compoñente central da maquinaria celular na transferencia de vesículas rodeadas de membrana dun compartimento membranoso a outro. Durante este proceso, as proteínas SNARE das dúas membranas que se están unindo (xeralmente unha vesícula e unha membrana diana como a membrana plasmática) forman un complexo apertado. Isto facilita a fusión da vesícula coa membrana diana. Propúxose que o papel do NSF é desfacer os complexos SNARE unha vez que se produciu a fusión de membranas, utilizando a hidrólise do ATP como fonte de enerxía, o que permitiría que os SNAREs disociados sexan reciclados para volver a usarse noutras roldas de fusión de membranas.[6] Porén, esta proposta é controvertida. Traballos recentes indican que a función de ATPase do NSF non funciona na reciclaxe de vesículas senón máis ben actúa na fusión de vesículas coa membrana plasmática.[7]

Hipótese SNARE editar

Como a función neuronal depende da liberación de neurotransmisores na sinapse (un proceso no cal se fusionan vesículas sinápticas coa membrana presináptica), o NSF é un compoñente sináptico esencial. Así, as mutacións sensibles á temperatura condicionais no xene para o NSF de Drosophila melanogaster orixinan un comportamento comatoso á temperatura restritiva (e por iso o xene se chama comatose), seguramente porque as funcións neuronais están bloqueadas. Na ameba Dictyostelium discoideum, unhas mutacións similares causan o cesamento do movemento celular á temperatura restritiva, o que indica que exercen un papel no transporte de membranas intracelular durante a migración. Outro papel neuronal do NSF é indicado pola súa unión directa subunidade GluR2 dos receptores de glutamato de tipo AMPA (que detectan o neurotransmisor glutamato). Isto dálle ao NSF un presunto papel na entrega e expresión de receptores AMPA na sinapse.[8]

Interaccións editar

A NSF presenta interaccións con: NAPA.[9][10]

Notas editar

  1. "Entrez Gene: NSF N-ethylmaleimide-sensitive factor". 
  2. Wilson DW, Whiteheart SW, Wiedmann M, Brunner M, Rothman JE (May 1992). "A multisubunit particle implicated in membrane fusion". J. Cell Biol. 117 (3): 531–8. PMC 2289450. PMID 1315316. doi:10.1083/jcb.117.3.531. 
  3. Hoyle J, Phelan JP, Bermingham N, Fisher EM (novembro de 1996). "Localization of human and mouse N-ethylmaleimide-sensitive factor (NSF) gene: a two-domain member of the AAA family that is involved in membrane fusion". Mamm. Genome 7 (11): 850–2. PMID 8875895. doi:10.1007/s003359900249. 
  4. Glick BS, Rothman JE (1987). "Possible role for fatty acyl-coenzyme A in intracellular protein transport". Nature 326 (6110): 309–12. PMID 3821906. doi:10.1038/326309a0. 
  5. Furst J, Sutton RB, Chen J, Brunger AT, Grigorieff N (setembro de 2003). "Electron cryomicroscopy structure of N-ethyl maleimide sensitive factor at 11 A resolution". EMBO J. 22 (17): 4365–74. PMC 202363. PMID 12941689. doi:10.1093/emboj/cdg420. 
  6. Alberts, Bruce (2008). Molecular biology of the cell. Garland Science. ISBN 978-0-8153-4105-5. 
  7. Kuner T, Li Y, Gee KR, Bonewald LF, Augustine GJ (xaneiro de 2008). "Photolysis of a caged peptide reveals rapid action of N-ethylmaleimide sensitive factor before neurotransmitter release". PNAS 105 (1): 347–52. PMC 2224215. PMID 18172208. doi:10.1073/pnas.0707197105. 
  8. Noel J, Ralph GS, Pickard L, Williams J, Molnar E, Uney JB, Collingridge GL, Henley JM (xuño de 1999). "Surface expression of AMPA receptors in hippocampal neurons is regulated by an NSF-dependent mechanism". Neuron 23 (2): 365–76. PMID 10399941. doi:10.1016/S0896-6273(00)80786-2. 
  9. Barnard, R J; Morgan A; Burgoyne R D (novembro de 1997). "Stimulation of NSF ATPase activity by alpha-SNAP is required for SNARE complex disassembly and exocytosis". J. Cell Biol. (UNITED STATES) 139 (4): 875–83. ISSN 0021-9525. PMC 2139964. PMID 9362506. doi:10.1083/jcb.139.4.875. 
  10. Hanson, P I; Otto H; Barton N; Jahn R (xullo de 1995). "The N-ethylmaleimide-sensitive fusion protein and alpha-SNAP induce a conformational change in syntaxin". J. Biol. Chem. (UNITED STATES) 270 (28): 16955–61. ISSN 0021-9258. PMID 7622514. doi:10.1074/jbc.270.28.16955. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar