Prolagus sardus
Prolagus sardus Pica sarda, prolago sardo | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Reconstrución do esqueleto e do animal vivo | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Extinto [1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Prolagus sardus † Wagner, 1832 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A pica sarda, ou mellor, prolago sardo, xa que non é unha auténtica pica, Prolagus sardus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos proláxidos orixinaria das illas de Sardeña, Córsega e outras illas mediterráneas veciñas até a súa extinción na época do Imperio romano,[2] ou talvez a finais do século XVIII ou principios do XIX.[3]
Características
editarOs proláxidos son moi semellentes aos ocotónidos, dos u se distinguen, entre outras cousas, por non posúír o último dente molar inferior, ao contrario que os membros do xénero Ochotona, que teñen o último molar inferior, pero non o superior.[4]
Taxonomía
editarDescrición
editar- Familia
A familia foi descrita en 1964 polo zoólogo ruso A. A. Gureev,[5][6] en Fauna SSSR. Mlekopitayushchie, Zaitseobraznye [Fauna da URSS. Mamíferos, Lagomorfos]), III (10): 49.[5]
- Xénero
O xénero Prolagus fora descrito en 1853 polo naturalista, xeólogo e paleontólogo francés Auguste Nicolas Pomel,[6][7] en Cat. Meth. Desc. Vert. Foss. dans le Bassin Hydro. Super. de la Loire et Surt. la Val. Aff. Prin. l'Allier. Paris: 43.[7]
- Especie
En canto á especie Prolagus sardus describíraa en 1832 o zoólogo, paleontólogo e arqueólogo alemán Johann Andreas Wagner,[6][8] en Abh. Bayer. Akad. Wiss., 1: 763-767.[8]
Sinónimos
editar- Xénero
O xénero, ademais de polo seu nome actual, foi coñecido tamén polos sinónimos:[7]
- Anoema König, 1825
- Archaeomys Fraas, 1856
- Lagomys G. Cuvier, 1800
- Myolagus Hensel, 1856
- Especie
- Polagus corsicanus (Considerada antigamente como unha especie diferente)
Etimoloxías
editar- Xénero e familia
O nome do xénero, Prolagus está formado pola unión dos elementos pro- e -lagus. O primeiro é un prefixo do latín científico tirado da raíz do nome do grego antigo πρώτο prṓto, 'primeiro'; e o segundo deriva do nome do grego antigo λαγώς lagṓs, 'lebre'. Literalmente: 'as primeiras lebres'.
O nome científico da faimilia esta construído, como manda a norma, coa raíz do seu xénero tipo (e único) ´Prolag-, coa adición do sufixo -ĭdae, propio dos nomes das familias de animais.
- Especie
O epíteto específico, sardus, fai referencia á illa de Sardeña, unha das súas áreas de distribución no pasado.
Nomes vulgares
editarNa maioría dos idiomas europeos a especie comécese como pica sarda ou pica de Sardeña, coas adpatacións propias de cada lingua, para o que hai que ter en conta que, até finais do século XX, estaba condiderada como membro da familia dos ocotónidos. Pero na actualidade, nalgunhas linguas (por exemplo, no italiano), denomínase co cultismo prolago sardo.
Especies
editarOs paleontólogos actuais recoñecen no xénero dezaoito especies,[9] das que só unha, Prolagus sardus, sobreviviu até tempos históricos.[10]
- Prolagus aguilari
- Prolagus apricenicus
- Prolagus bilobus[11]
- Prolagus crusafonti López Martínez 1977
- Prolagus fortis
- Prolagus figaro
- Prolagus imperialis
- Prolagus italicus
- Prolagus major
- Prolagus michauxi
- Prolagus oeningensis König 1825
- Prolagus osmolskae [12]
- Prolagus praevasconiensis
- Prolagus sardus (Wagner, 1832)
- Prolagus schnaitheimensis
- Prolagus sorbinii
- Prolagus tobieni
- Prolagus vasconiensis Viret 1930
Notas taxonómicas
editarGureev considerou aos proláxidos como unha subfamilia dos ocotónidos (Prolagiini), pero o grupo foi elevado na década de 1990 á categoría de familia por Margarita A. Ervajeva, do Instituto Xeolóxico, Rama Siberiana, da Academia Rusa das Ciencias.[5][13]
Paleontoloxía
editarO xénero Prolagus apareceu por primeira vez no mioceno temperán en Europa, onde sobreviviu até tempos históricos. En África e Asia, o xénero coñécese no mioceno ao plioceno.[4]
Historia
editarFoi descrita por algúns autores sardos como un "coello xigante sen cola", e pénsase que os antigos poboadores de Sardeña consideraban como unha exquisitez culinaria. A pica sarda, canda a pica corsa (Prolagus corsicanus) foron as dúas únicas especies pertencentes ao xénero Prolagus que sobreviviron en Europa en época histórica. (Cómpre sinalar, porén, que os zoólogos actuais cren que Prolagus sardus e Prolagus corsicanus constituían en realidade unha mesma especie.
Houbo algunhas noticias sobre ocasionais avistamentos de picas salvaxes na illa de Sardeña. Porén, ningún destes avistamentos foi verificado. A última mención histórica da especie foi realizada por Francesco Cetti en 1774, quen falou sobre unhas "ratas xigantes" moi abundantes na illa de Tavolara, pero aparentemente ausentes da veciña illa de Sardeña.[3]
Notas
editar- ↑ Smith, A. T. & Johnston, C. H. (2008): Sardinian pika. Prolagus sardus na Lista vermella da UICN.
- ↑ Vigne J.-D., Bailon S., Cuisin J. (1997). Biostratigraphy of amphibians, reptiles, birds and mammals in Corsica and the role of man in the Holocene faunal turnover. Anthropozoologica, 25, 587-604. [1]
- ↑ 3,0 3,1 Wilkens, B. (2005): "Osservazioni sulla presenza in epoca recente del Prolago sardo a Tavolara secondo le notizie di Francesco Cetti. Atti 3° Convegno Nazionale di Archeozoologia (Siracusa, 2000), pp. 217-222.
- ↑ 4,0 4,1 McKenna, M. C.; Bell, S. K. Classification of Mammals: Above the Species Level. Columbia University Press. p. 109. ISBN 0-2311-1013-8.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Prolagidae Gureev, 1964 en MSW.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Prolagidae Gureev, 1964 no ITIS.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Prolagus Pomel, 1853 no MSW.
- ↑ 8,0 8,1 Prolagus sardus Wagner, 1832 en MSW.
- ↑ Angelone, C. (2004). "Messinian Prolagus (Lagomorpha, Mammalia) of Italy". Messinian Online. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2018.
- ↑ Nowak, Ronald M. (1999). Walker's Mammals of the World, 6th edition, volume II. Johns Hopkins University Press.
- ↑ Čermák, S.; Angelone, C. (2013). "Revision of the type material of the Pliocene species Prolagus bilobus Heller, 1936 (Mammalia, Lagomorpha), with comments on the taxonomic validity of P. osmolskae Fostowicz-Frelik, 2010". Bulletin of Geosciences 88 (1): 45–50. doi:10.3140/bull.geosci.1369.
- ↑ Fostowicz-Frelik, Ł (2010). "A new species of Pliocene Prolagus (Lagomorpha, Ochotonidae) from Poland is the northernmost record of the genus". Journal of Vertebrate Paleontology 30 (2): 609–612. doi:10.1080/02724631003621789.
- ↑ Ervajeva, Margrita A. et al. Taxonomic diversity of Late Cenozoic Asian and North American ochotonids (an overview).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Prolagus sardus |
Bibliografía
editar- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres, Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.