Primitivo Carbajo

escritor e xornalista español

Primitivo Francisco Carbajo Centeno, coñecido como Primitivo Carbajo, nado en Fuentes de Ropel (provincia de Zamora) o 21 de decembro de 1953, é un escritor e xornalista galego.

Modelo:BiografíaPrimitivo Carbajo
Biografía
Nacemento1953 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Fuentes de Ropel, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX877123

Traxectoria

editar

Licenciouse en Xornalismo en Madrid, traballou como xornalista en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, na Coruña, e no Diario de Galicia en Vigo. Colaborou en A Nosa Terra, Galicia Internacional e noutras publicacións galegas e foi guionista en varios programas da TVG. Foi correspondente de periódicos e revistas con sede en Cataluña e Madrid e de El País entre finais de 1994 e finais 2012.[1] Foi director de Comunicación da Universidade de Vigo (1999-2005) e fundador de Duvi, o seu diario dixital.[2]

  • Salgheirón (2021). Cangas: Morgante. 284 páxs. ISBN 978-84-15166-92-4. É a crónica dun arduo conflito urbanístico en Cangas do Morrazo nos primeiros anos do século.[3] [4]
  • A marcha da paz secuestrada (2024). Cangas: Morgante. 284 páxs. ISBN 978-84-19040-20-6. En palabras do autor, este libro reivindica e quere ser parte do antigo grito pola paz contra o pregón actual da guerra.[5]
  • Os Baltar, a senda do caciquismo na democracia plena. Con Cristina Huete. Morgante, 211 páxs. ISBN 978-84-19040-45-9. Crónica que segue a pegada da héxira de José Luis Baltar e O Fillo en Ourense.

En castelán

editar
  • Derrotas andinas (2021). Cangas: Morgante. 392 páxs. ISBN 978-84-15166-98-6. Este libro naceu para render memoria aos Cronistas de Indias no marco conmemorativo do Quinto Centenario do Descubrimento de América.
  1. "Artículos escritos por Primitivo Carbajo". El País (en castelán). 2012-11-10. Consultado o 2024-05-09. 
  2. "Primitivo Carbajo – Edicións Morgante". Consultado o 2024-05-09. 
  3. "Salgheirón – Edicións Morgante". Consultado o 2024-05-09. 
  4. Salgado, Daniel (2021-10-24). "El Gran Casino de la Sardina, la fábrica de conservas de Cangas que sintetiza la crisis del ladrillo en Galicia". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-05-09. 
  5. "A marcha da paz secuestrada – Edicións Morgante". Consultado o 2024-05-09.