Primeiro ministro de Belarús

xefe de goberno de Belarús

O primeiro ministro da República de Belarús (en belaruso: Прэм’ер-міністр Рэспублікі Беларусь, en ruso: Премьер-министр Республики Беларусь) é o xefe de goberno de Belarús.

Primeiro ministro da República de Belarús

SedeMinsk
ÁmbitoBelarús Belarús
Nomeado porPresidente de Belarús (coa posterior aprobación da Cámara dos Representantes da Asemblea Nacional)
Creación19 de setembro de 1990
Primeiro titularViačaslaŭ Kiebič
Precedido porPresidente do Consello de Ministros da República Socialista Soviética de Belarús
Sitio webConsello de Ministros

Encabeza o Consello de Ministros de Belarús,[1] o órgano do goberno central, e é responsable ante o presidente de Belarús e a Asemblea Nacional. O primeiro ministro é nomeado polo presidente e confirmado pola Cámara dos Representantes, que é a cámara baixa da Asemblea Nacional. Unha vez nomeado o primeiro ministro, debe formar un gabinete de 30 membros integrado por ministros e presidentes, o último dos cales é un posto non ministerial.

Funcións editar

Entre as funcións do primeiro ministro na xestión do goberno están:[2][3]

  • A sinatura da lexislación gobernamental
  • Informar ao presidente sobre as directrices básicas do goberno
  • Proxectar os orzamentos nacionais
  • Aplicar a política financeira, monetaria, educativa, sanitaria e laboral
  • Asegurar a aplicación dos decretos e instrucións do presidente

O lugar de traballo oficial do primeiro ministro está na Casa do Goberno na Praza da Independencia. Desde o 4 de xuño de 2020, o primeiro ministro é Raman Galoŭčanka.

Primeiros ministros (desde 1991) editar

Imaxe Nome Inicio Fin Duración do mandato
1   Viačaslaŭ Kiebič
(1936-2020)
19 de setembro de 1991 21 de xullo de 1994 2 anos e 305 días
2   Michail Čyhir
(1948-)
21 de xullo de 1994 18 de novembro de 1996 2 anos e 120 días
3   Siargej Linč
(1937-)
18 de novembro de 1996 18 de febreiro de 2000 3 anos e 92 días
4   Vladzimir Jarmošyn
(1942-)
18 de febreiro de 2000 1 de outubro de 2001 1 ano e 225 días
5   Gienadz Navički
(1949-)
1 de outubro de 2001 10 de xullo de 2003 1 ano e 282 días
6   Siarhiej Sidorski
(1954-)[4][5]
10 de xullo de 2003 28 de decembro de 2010 7 anos e 171 días[6]
7   Michail Miasnikovič
(1950-)[7]
28 de decembro de 2010 27 de decembro de 2014 3 anos e 364 días
8   Andrej Kabiakoŭ
(1960-)[8][9]
27 de decembro de 2014 18 de agosto de 2018 3 anos e 234 días
9   Siarhiej Rumas
(1969-)[10][11]
18 de agosto de 2018 3 de xuño de 2020 1 ano e 290 días
10 Raman Galoŭčanka
(1973-)[12]
4 de xuño de 2020 no cargo 3 anos e 320 días

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. "Национальный правовой Интернет-портал Республики Беларусь". www.pravo.by (en belaruso). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  2. "Национальный правовой Интернет-портал Республики Беларусь". pravo.by (en belaruso). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  3. "О Совете Министров Республики Беларусь" (PDF) (en belaruso). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de setembro de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  4. "Belarus Gets New Prime Minister Amid Growing Criticism". www.voanews.com (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  5. "Belarus' Lukashenko reshuffles govt, names new PM". Reuters (en inglés). 28 de decembro de 2010. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  6. "Prime Ministers Of Belarus Since 1990". WorldAtlas (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  7. "Belarus: President Alexander Lukashenko sacks prime minister as country reels from Russia’s economic woes" (en inglés). 28 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2015. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  8. "Belarus president fires prime minister after corruption scandal". The Guardian (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  9. "Belarus president fires prime minister after corruption scandal" (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  10. "Belarus' Lukashenko dismisses top ministers, names new PM". Reuters (en inglés). 18 de agosto de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  11. "Belarusian President Names New Premier, Reshuffles Government". www.rferl.org (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2020. 
  12. "Lukashenka Names New PM Ahead Of Belarus Presidential Vote" (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2020.