Abrir o menú principal

Primeira división española 1933/34

A tempada 1933/34 da Primeira división española foi a sexta edición do torneo. Celebrouse entre o 5 de novembro de 1933 e o 4 de marzo de 1934.

O Athletic Club conquistou o seu terceiro título de liga e confirmouse como o equipo máis laureado na curta historia do torneo.

Tomaron parte na competición dez clubs. Nesta tempada debutou o Oviedo FC. Ningún equipo galego disputou a categoría.

A ampliación a doce equiposEditar

Na asemblea da Federación Española, celebrada antes de iniciarse o campionato, expúxose a ampliación da Primeira División a catorce clubs na tempada 1934/35. Os catro novos equipos debían saír de Segunda División, baseándose na clasificación final desta tempada máis a aplicación dun coeficiente en función das clasificacións dos cinco últimos anos -desde a creación a liga- o que daba o ascenso ao Athletic de Madrid, Sevilla FC, Murcia FC e Unión de Irún. A proposta tamén obrigaba ao último clasificado de Primeira División desta tempada, o Arenas de Getxo, a disputar a súa praza nunha liguiña de promoción co quinto clasificado de Segunda, o Sporting de Gijón, e os dous campións de Terceira, o Valladolid Deportivo e o Elche FC.

A pesar das discrepancias de varios clubs, o relatorio para a ampliación a catorce equipos foi finalmente aceptada pola Federación o 17 de maio de 1934.[1] Iso provocou a retirada dos tres equipos que debían disputar a promoción: Arenas, Valladolid e Elche. Para substituílos, a FEF designou como substitutos ao sexto e sétimo de Segunda, o Celta de Vigo e o Deportivo Alavés, xunto co terceiro clasificado de Terceira División, o Zaragoza. Tras a renuncia dos alaveses, foi o Celta o equipo que logrou unha praza en Primeira.

Con todo, nunha polémica asemblea celebrada o 20 de xullo, ao termo da tempada, os clubs acordaron finalmente que a ampliación fose a doce equipos e non a catorce. Acordouse tamén que o campión e o subcampión desta tempada en Segunda División, Sevilla FC e Athletic de Madrid, fosen os que ascendesen directamente a Primeira, rexeitando así os ascensos obtidos por Murcia FC e Unión de Irún. Para rematar, anulouse tamén a promoción gañada polo Celta de Vigo, mantendo o Arenas a súa praza en Primeira.[2]

Clasificación finalEditar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1 Athletic Club de Bilbao 18 11 2 5 61 27 34 24
2 Madrid FC 18 10 2 6 41 29 12 22
3 Racing de Santander 18 9 1 8 38 39 -1 19
4 Betis Balompié 18 9 1 8 29 36 -7 19
5 Donostia FC 18 7 4 7 29 33 -4 18
6 Oviedo FC 18 8 2 8 51 45 6 18
7 Valencia FC 18 7 3 8 28 38 -10 17
8 CD Español 18 7 3 8 41 42 -1 17
9 FC Barcelona 18 8 0 10 42 40 2 16
10 Arenas de Getxo 18 3 4 11 11 18 -9 10

Ascenso a Primeira DivisiónEditar

O Sevilla FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División, xunto co Atlético de Madrid, que foi subcampión.

ResultadosEditar

Are Ath Bar Bet Don Esp Mad Ovi Rac Val
Arenas G. 2-0 3-1 0-1 0-0 1-2 3-3 1-1 2-1 1-2
Athletic Bilbao 9-0 6-1 5-0 2-1 5-0 5-1 6-2 3-1 6-2
FC Barcelona 4-0 2-1 5-1 4-0 5-0 1-2 2-0 6-3 5-2
Betis B. 2-0 1-3 1-0 1-1 3-1 2-1 4-2 2-1 2-1
Donostia CF 4-1 3-0 2-0 3-2 3-3 0-3 3-1 2-1 3-1
CD Español 6-2 1-4 3-2 3-1 4-0 2-2 5-2 5-0 2-2
Madrid FC 2-1 3-0 4-0 0-1 2-0 3-2 5-1 1-0 3-2
Oviedo FC 7-0 2-2 7-3 4-3 3-2 3-1 3-2 3-1 7-0
Racing Santander 4-1 3-2 3-1 4-1 1-1 3-1 4-3 4-3 2-1
Valencia FC 0-0 2-2 2-0 2-1 4-1 1-0 2-1 1-0 1-2

Premios individuaisEditar

Máximos goleadoresEditar

Pos. Xogador Equipo Goles
  Isidro Lángara Oviedo FC 27
  Rafa Iriondo CD Español 18
  Agustín Sauto, 'Bata' Athletic Club 15
  Guillermo Gorostiza Athletic Club 15
  José Iraragorri Athletic Club 14

Porteiro menos goleadoEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar