Premio Ada Byron á muller tecnóloga

Premio a mulleres tecnólogas

O Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga concédese anualmente na Universidade de Deusto a mulleres tecnólogas para visibilizar a súa traxectoria excelente. Búscanse aquelas mulleres que teñen a súa referencia nas científicas e tecnólogas que levan séculos facendo achegas importantes en distintas disciplinas científicas, como a que dá nome a este premio, Ada Byron.

Obxectivos

editar

O premio ten como obxectivos:

  • Dar visibilidade ás mulleres dentro do mundo da tecnoloxía recoñecendo o seu importante labor, insuficientemente coñecida no conxunto da sociedade.
  • Enriquecer a sociedade con eventos de difusión tecnolóxica, achegando modelos de mulleres para as novas xeracións.
  • Fomentar vocacións tecnolóxicas achegando o traballo tecnolóxico ás e os adolescentes, resaltando os aspectos positivos, especialmente nas vocacións femininas.
  • Visibilizar socialmente a importancia da tecnoloxía para o crecemento económico e como valor de futuro para a sociedade.

Historia

editar

O Premio Ada Byron á Muller Tecnóloga creouse o 13 de outubro de 2015 na Universidade de Deusto.[1] O 10 de xaneiro presentouse o premio Ada Byron 2017.[2] O 16 de maio entrégase o premio Ada Byron 2019.[3]

Galardoadas

editar
Edición Ano Premio Ada Byron Premio Ada Byron (mocidade) Accésit
I 2014 Montserrat Meya Llopart - Andrea Blanco
II 2015 Asunción Gómez Pérez - Begoña García-Zapirain
III 2016  
Nuria Oliver
- -
IV 2017 Regina Llopis Rivas - -
V 2018 María Ángeles Martín Prats - -
VI 2019 Concepción Alicia Monje Micharet[3] Ana Freire[3] -
VII 2020 Laura Lechuga[4] Susana Ladra[4]
  1. "Deusto celebra el Día de Ada Lovelace, la protagonista del Premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga que organiza Ingeniería". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  2. B, N. (7 de xaneiro de 2017). "Repensando la ciencia y la tecnología con las mujeres". NewBusiness (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2020. Consultado o 06 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "La investigadora en Robótica y profesora titular de la Universidad Carlos III de Madrid, Concepción Alicia Monje Micharet, gana el premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga de la Universidad de Deusto". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 7 de maio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Pena, Susana (14 de outubro de 2020). "A galega Susana Ladra, recoñecida cun dos premios Ada Byron que concede a Universidade de Deusto". codigocero.com. Consultado o 15 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar