Ana Freire

enxeñeira informática

Ana Freire Veiga, nada en Rábade en 1983, é unha enxeñeira informática profesora na Universidade Pompeu Fabra onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade. É a fundadora de Wisibilízalas.[1]

Ana Freire
Mural Ana Freire, CEIP Tomás de Villarroya, Valencia 01.jpg
Nacemento1983
Lugar de nacementoRábade
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupacióninvestigadora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ana Freire é enxeñeira e doutora en informática pola Universidade da Coruña. Traballou en diversas institucións e empresas, como a Universidade de Glasgow, o Centro Nacional de Investigación de Italia ou o Yahoo Labs. Dende setembro de 2015 é profesora e investigadora na UPF, onde dirixe o Centro de Estudos pola Sostenibilidade.

Coa súa investigación pretende aplicar a tecnoloxía en xeral e a intelixencia artificial en particular a problemas sociais, como a saúde mental.[2] Lidera o proxecto STOP (Suicide prevenTion in sOcial Platforms) cuxo obxectivo é detectar enfermedades mentais nas redes sociais. Tamén traballa analizando datos que permitan entender mellor algunhas enfermidades neurolóxicas, como a esclerose múltiple.[3]

É a fundadora de Wisibilízalas, un concurso internacional que pretende rachar cos estereotipos asociados ás carreiras científicas e tecnolóxicas, potenciar referentes femeninos entre o alumnado e promover o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo.[4]

RecoñecementoEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar