Laura Lechuga
Laura M. Lechuga Gómez, nada en Sevilla en 1962, é unha microbióloga investigadora e profesora española. É líder do grupo Networking Biomedical Research Center (CIBER) e directora da División de Nanobiosensores e Bioanalítica do Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía (ICN2). Foi Directora do Departamento de Sensores e Biosensores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España.
É autora de máis de 200 publicacións científicas e de 8 familias de patentes, das que sete foron transferidas á industria a través das empresas spin-off SENSIA, S.L. e BIOD, S.L. Participou en case 60 proxectos de investigación, maioritariamente internacionais, e é unha activa divulgadora científica.
Durante a pandemia de enfermidade por coronavirus 2019-2020, Lechuga desenvolveu un biosensor óptico simple, de baixo custo e rápido para detectar o COVID-19.
Traxectoria
editarLaura Lechuga interesouse na bioloxía molecular cando estaba na escola secundaria.[1] Finalmente estudou a Licenciatura de Química na Universidade de Cádiz, onde se inspirou para seguir a súa carreira pola vía da investigación.
Lechuga completou a súa investigación doutoral na Universidade Complutense de Madrid. A súa tese doutoral foi III-V semiconductor Schottky diodes for gas sensing and biosensing. Pasou os dous anos posteriores ao doutoramento na Universidade de Twente (Países Baixos) e despois, cando regresou a España en 1995, incorporouse ao Centro Nacional de Microelectrónica do CSIC en Madrid, nomeada para o Instituto de Nanotecnoloxía MESA+.[2]
Investigación e carreira profesional
editarDesde 1995, traballou no Centro Nacional de Microelectrónica do CSIC en Madrid. En 2002 foi nomeada xefa do Departamento de Sensores e Biosensores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).[3][4]
En 2008 uniuse á facultade do Instituto Catalán de Nanociencia e Nanotecnoloxía (ICN2) e é líder do grupo Networking Biomedical Research Center (CIBER).[1] En 2012 foi nomeada profesora adxunta na Universidade de Tromsø (Noruega), tamén coñecida como Universidade do Ártico, e en 2013 profesora visitante distinguida na Facultade de Enxeñaría Eléctrica e Ciencias da Computación da Universidade Estatal de Campinas (Brasil).[5]
Lechuga desenvolve biosensores baseados en silicio que poden ser integrados nunha plataforma "lab-on-a-chip".[6] Desenvolveu diferentes tipos de sensores, incluíndo: biosensores fotónicos, interferómetros Mach-Zehnder, sensores opto-nano-mecánicos e sensores magnetoplasmónicos.[5][7] Busca aplicar estes sensores en contornas clínicas, para o diagnóstico de cancro e outras enfermidades, así como para a vixilancia do medio ambiente.[8][9][10][11] En 2018 presentou un dispositivo de punto de atención baseado na interferometría para a cuantificación rápida e sensible de Escherichia coli.[12] O dispositivo contiña micromatrices impresas en substratos nanoplasmónicos de alto rendemento, e mesmo podía ser utilizado por persoal non experto.[13]
Durante a pandemia de coronavirus 2019-20, Lechuga desenvolveu un sistema de probas COVID-19 simple, de baixo custo e rápido.[14][14] A súa proposta xurdiu dun plan de subvencións rápidas que a Comisión Europea estableceu a finais de xaneiro de 2020 nun esforzo por facer fronte á pandemia emerxente.[15] Lechuga desenvolveu a idea en dez días, aproveitando a súa experiencia na construción de biosensores ópticos.[12] A proba baséase nun sensor óptico a nanoescala e inclúe unha proteína receptora (anticorpo) que é capaz de detectar o coronavirus.[16] O sensor en si mesmo consiste nun interferómetro de guía de ondas.[17] Utiliza unha mostra de saliva ou esputo para detectar a presenza do SARS-CoV-2.[18] Se a saliva contén SARS-CoV-2, unirase aos anticorpos e, á súa vez, cambiará a transmisión dun raio de luz que pasa a través do sensor óptico.[19] Unha vez analizada a luz, o resultado transmitirase a un teléfono intelixente ou a unha tableta, nun proceso que dura menos de 30 minutos. Probas de ADN complementarias identificarán o ARN viral sen necesidade de usar unha reacción en cadea da polimerase (PCR).
É unha divulgadora científica moi activa.[2]
Recoñecementos
editar- 2014 Elixida membro da Sociedade Óptica Estadounidense.[1]
- 2016 Premio de Física, Innovación e Tecnoloxía, outorgado pola Real Sociedade Española de Física (RSEF) e o BBVA.[20][21]
- 2017 Incluída en AcademiaNet, o portal das mulleres académicas excelentes.[22]
- 2020 Premio Jume I en Nuevas Tecnologías.[23]
- 2020 Premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga.[24]
- 2020 Premio Nacional de investigación "Juan de la Cierva", na área de Transferencia de Tecnoloxía.[25]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "OSA: Laura Lechuga". Consultado o 2020-04-01.
- ↑ 2,0 2,1 "Laura Lechuga Gómez" (en castelán). Consultado o 2020-04-05.
- ↑ "ORC Seminar Series "PHOTONIC NANOBIOSENSORS FOR LAB-ON-A-CHIP APPLICATIONS" | Optoelectronics Research Centre | University of Southampton". Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "L.M. Lechuga". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ 5,0 5,1 "Laura Lechuga". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Laura M. Lechuga - ICN2" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ Lopez, Gerardo A.; Estevez; Soler; Lechuga. "Recent advances in nanoplasmonic biosensors: applications and lab-on-a-chip integration" 6 (1). ISSN 2192-8614. doi:10.1515/nanoph-2016-0101.
- ↑ "Photonic nanobiosensors early diagnostics, Laura M. Lechuga" (en inglés). 2016-11-14. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Editor’s Pick: Simple, Low-Cost, and Timely Optical Biosensors for the Detection of Epigenetic Biomarkers: The Future of Cancer Diagnosis" (en inglés). 2017-11-24. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Professor Laura Lechuga: New Analyst Associate Editor – Analyst Blog" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ Chocarro-Ruiz, Blanca; Fernández-Gavela; Herranz; Lechuga. "Nanophotonic label-free biosensors for environmental monitoring". Energy biotechnology • Environmental biotechnology 45. ISSN 0958-1669. doi:10.1016/j.copbio.2017.03.016.
- ↑ 12,0 12,1 ZonaIT. "An interferometric point-of-care device for fast and sensitive bacteria quantification - Biotech Spain" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ Dey, Priyanka; Fabri-Faja; Calvo-Lozano; Terborg; Belushkin; Yesilkoy; Fàbrega; Ruiz-Rodriguez; Ferrer. "Label-free Bacteria Quantification in Blood Plasma by a Bioprinted Microarray Based Interferometric Point-of-Care Device" 4 (1). doi:10.1021/acssensors.8b00789.
- ↑ 14,0 14,1 Kliver. "ICN2 leads a European project to diagnose the COVID-19 disease in 30 minutes" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Laura Lechuga coordina uno de los proyectos europeos para estudiar el coronavirus". Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "El proyecto europeo CoNVat, liderado desde España, diseñará un sistema de diagnóstico para el Covid-19" (en castelán). 2020-04-01. Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Coronavirus: CoNVaT diseñará un sistema de diagnóstico" (en castelán). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ Press (2020-03-12). "Laura Lechuga, la científica que creará detectores inmediatos del Covid-19: "Trabajamos a contrarreloj"". Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Laura Lechuga talks about CONVAT, the project for a faster and cheaper diagnose of COVID-19 | Nanbiosis" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Prof. Laura Lechuga receives the Physics, Innovation and Technology RSEF-FBBVA Award - ICN2". Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Laura M. Lechuga, galardonada en los Premios de la Física de la RSEF-Fundación BBVA". Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Prof. Laura Lechuga - AcademiaNet" (en inglés). Consultado o 2020-04-01.
- ↑ "Laura Lechuga, premio Jaume I:". La Vanguardia (en castelán). 2020-10-20. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Premio Ada Byron". ingenieria.deusto.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2018. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación - Ministerio de Ciencia e Innovación (es)". www.ciencia.gob.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-14.