Concha Monje

investigadora española especializada en robótica
(Redirección desde «Concepción Alicia Monje Micharet»)


Concepción Alicia Monje Micharet, nada en Badaxoz, é unha investigadora española especializada en robótica. É profesora titular da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) onde forma parte do grupo de investigación RoboticsLab traballando sobre arquitecturas de control para robots humanoides.[1]

Infotaula de personaConcha Monje

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Badaxoz, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estremadura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRobótica, industrial control system (en) Traducir, robotic system (en) Traducir e enxeñaría industrial Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria , roboticist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Carlos III de Madrid (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5588298

Traxectoria

editar

En 2006, doutorouse en Enxeñaría Industrial pola Universidade de Estremadura, con Premio Extraordinario, Mención de Doutoramento Europeo e cualificación Cum Laude. Ese mesmo ano incorporouse á UC3M onde imparte clases sobre modelaxe e control de sistemas dinámicos e robótica. Monje forma parte do grupo internacional RoboticsLab da Universidade Carlos III, un dos primeiros de Europa en investigación sobre robots humanoides. É directora do Centro de Formación e Servizos Aeronáuticos (CATS-UC3M), creado para dar servizos a empresas do sector aeroespacial. Tamén colaborou noutros proxectos de investigación con centros de prestixio internacional de Estados Unidos, Francia ou Alemaña. Ademais liderou máis dunha ducia de proxectos con alta transferencia tecnolóxica para empresas como FerroNats ou Thales Alenia Space.[2][3]

Monje é autora de numerosos artigos académicos que publica regularmente en revistas especializadas de gran repercusión no campo da robótica. Monje participa tamén no proxecto europeo RoboCom++ no que están involucrados máis dunha vintena de países e cuxo obxectivo é desenvolver o robot compañeiro asistencial do futuro.[2]

Este robot bípede está pensado para prestar servizos asistenciais de gran eficiencia que melloren a calidade de vida das persoas. O traballo de Monje céntrase principalmente no sistema de control do seu funcionamento que segundo ela «consiste en dotar aos robots de elementos brandos que os fagan máis seguros na interacción cos humanos e que lles permitan acceder a espazos máis complexos, como os que se dan en situacións de rescate». Esta tecnoloxía pode aplicarse ao desenvolvemento de exoesqueletos para a rehabilitación de membros humanos danados por accidentes. A investigación levada a cabo co robot TEO conta cun recoñecido prestixio, como o demostran os máis de vinte proxecto internacionais que se crearon a partir deste prototipo pioneiro na súa especie e que reúne os maiores avances científicos en robótica.[4][5][6]

Visibilidade das mulleres e divulgación científica

editar

Monje considera de vital importancia visibilizar o papel que xogan as mulleres na ciencia e a tecnoloxía, así como que se recoñezan os logros debidos a elas, co fin de lograr unha igualdade efectiva e real e o apoderamento das mulleres tamén no ámbito científico. Participa con entidades e organismos de igualdade como o Instituto da Muller ou en accións desenvolvidas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Así mesmo, o seu labor divulgadora levoulle a participar como asesora científica na película Autómata, protagonizada por Antonio Banderas, ou impartir unha charla TED en Vitoria Gasteiz, España, en 2017 e en setembro de 2020.[7][8][9]

Recoñecementos

editar

Concepción Monje recibiu varios premios:

  1. "C.A. Monje | Robotics Lab - Where Technology Happens" (en inglés). Consultado o 2021-01-16. 
  2. 2,0 2,1 Deporte, Grada Ocio y (2019-09-15). "Concepción Monje. Investigadora experta en robots asistenciales. Grada 137. Perfil" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2021. Consultado o 2021-01-16. 
  3. "Entrevista a Concha Monje Micharet" (en castelán). Consultado o 2021-01-16. 
  4. "TEO, el robot que comunica en lengua de signos | UC3M". 
  5. Robots, Por Lorena Sánchez Romero (2020-12-21). "Robots - TEO: El primer humanoide del futuro" (en castelán). Consultado o 2021-01-18. 
  6. "Teo, Tiago y Ali, robots amigos de los humanos" (en castelán). 2020-03-07. Consultado o 2021-01-18. 
  7. "Concha Monje: "Hay que empoderar a las mujeres en la Ciencia"" (en castelán). 2018-03-08. Consultado o 2021-01-16. 
  8. "La respuesta está en el brócoli | Concepción Alicia Monje Micharet | TEDxVitoriaGasteiz". 
  9. "La investigadora en robótica, Concepción Alicia Monje Micharet, premio Ada Byron – MujerEmprendedora" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2021. Consultado o 2021-01-18. 
  10. "III Premio Mujer y Tecnología Fundación Orange". Fundación Orange (en castelán). 2018-03-07. Consultado o 2021-04-26. 
  11. "III Premio Mujer y Tecnología Fundación Orange" (en castelán). 2018-03-07. Consultado o 2021-01-18. 
  12. "Premios de Excelencia 2018 | UC3M" (en castelán). Consultado o 2021-01-16. 
  13. "La investigadora en Robótica y profesora titular de la Universidad Carlos III de Madrid, Concepción Alicia Monje Micharet, gana el premio Ada Byron a la Mujer Tecnóloga de la Universidad de Deusto" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2021-01-18. 
  14. "Entrevista a Concepción Alicia Monje, Premio Ada Byron a la mujer tecnóloga 2019". 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar