Praia do Forte, Mata de São João

A Praia do Forte é unha praia brasileira situada no distrito homónimo, no municipio baiano de Mata de São João, a cerca de 50 km de Salvador, chégase até alí pola chamada estrada do Coco, moi turística, sendo un dos destinos máis procurados do litoral norte de Baía.

Praia do Forte, Mata de São João
A praza principal coa igrexa e a praia
Coordenadas: 12°34′39″S 38°00′19″O / -12.5775, -38.00532
Tartaruga do Proxecto Tamar.
Preparación de fariña de mandioca no centro de Praia do Forte.

É un conxunto de máis de 12 km de praias, con varias piscinas naturais formadas por arrecifes ao longo da costa. Os cocos son a vexetación predominante nesta rexión. Unha das principais atraccións do lugar é visitar a sede do Proxecto Tamar, organización dedicada á preservación e estudo das tartarugas mariñas.

A pequena vila está formada basicamente por nativos locais, pescadores, artesáns e pequenos emprendedores de varias rexións do Brasil e do exterior, que veñen desenvolvendo o comercio e os servizos locais, como poden ser bares e restaurantes que ofrecen diversas opcións, principalmente a base de produtos do mar. A rúa principal foi recentemente urbanizada.

Un dos atractivos culturais son as ruínas do único castelo medieval construído no país, o da familia Garcia d'Ávila, Casa da Torre. O patriarca do clan, Garcia D'Ávila, foi almoxarife do primeiro gobernador-xeral do Brasil, Tomé de Sousa, que desembarcou na baía en 1549 para fundar a cidade de Salvador. Ao longo dos primeiros anos da colonización, D'Ávila conseguiu acumular unha fortuna inmensa, principalmente en terreos. Chegou a controlar o que foi considerado o maior latifundio do mundo: as súas terras estendíanse da baía ao Maranhão. Na sede do latifundio, construíu o castelo da Praia do Forte. As ruínas están localizadas a uns dous quilómetros da vila da Praia do Forte. Outro atractivo do lugar é coñecer a Reserva Ecolóxica de Sapiranga.

A vila ten como principal opción de hospedaxe o Praia do Forte Ecoresort, de moito renome.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar