Praia de Caldebarcos
A praia de Caldebarcos é un pequeno areal situado no litoral do lugar da Gándara de Caldebarcos, na parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota. Está preto da praia de Carnota.
Praia de Caldebarcos | |
---|---|
Características xerais | |
Lonxitude | 300 m |
Largo medio | 45 m |
Grao de ocupación | baixa |
Grao de urbanización | non |
Paseo marítimo | si |
Características específicas | |
Tipo de praia | aberta (fóra da ría) |
Tipo de area | branca, fina |
Seguridade | |
Sinalización do perigo | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | a pé, desde a moi próxima estrada AC-550 |
Características
editarÉ unha praia rústica na desembocadura do río Valdebois xunto a unha zona húmida protexida como espazo natural. Nunha contorna semiurbana, constitúe o areal máis setentrional do municipio. Presenta as mesmas características físicas que as próximas de Carnota e Lariño. Posúe condicións excepcionais para a práctica de deportes náuticos como o surf ou o windsurf debido aos frecuentes ventos e brisas costeiras. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas medias. O conxunto formado polas marismas, a praia e a zona intermareal constitúe un espazo natural de gran valor ecolóxico. A praia de Caldebarcos conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, moi próxima, é fácil. As sinalizacións de perigo son claramente visíbeis. O hospital máis achegado é o Hospital Virxe da Xunqueira, que se encontra a 19 km, no concello de Cee.[1]
Historia
editarNos seus arrecifes afundiron varias naves da Armada Invencíbel na súa viaxe para conquistar Inglaterra en 1596.[Cómpre referencia]
Notas
editar- ↑ Playas de España Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).