Praia da Lavanqueira
A praia da Lavanqueira é unha das praias mais concorridas da Illa de Arousa.
Tipo | praia | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | A Illa de Arousa, España | |||
| ||||
Características
editarEstá situada no pouco poboado sueste da Illa. Dende esta praia pódense divisar os concellos de Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove (incluída a illa da Toxa), a ponte da Illa de Arousa e mesmo o monte Castrove. A temperatura da auga, ao contrario do que na da Area de Secada é suave e ás veces ata cálida. Con devalo hai que ir ata unha boia que hai a uns 500 metros da Praia ou mesmo mais adiante porque cando a marea é baixa de todo a profundidade é de tan so 1,60 m. Con preamar é tan profunda como a Area da Secada.
Dispón de posto con campo de volei praia e no que se organiza un campionato cada verán. Está previsto[cando?] facer unha pasarela de madeira que vaia dende O Vao ata O Carreirón, pasando por esta praia.
Este artigo sobre unha praia de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |