Pota de Bronocice

A pota de Bronocice é unha vaixela de cerámica incisa, coa imaxe máis antiga que se coñece dun vehículo con rodas. Esta datada polo método de radiocarbono entre 3635 e 3370 a.C., atribuíndose á cultura da cerámica de cordas. Na actualidade exhíbese no Museo Arqueolóxico de Cracovia (Polonia).

Copia do carro inciso na pota.

Descuberta

editar
 
Representación da pota de Bronocice

A pota achouse en 1976 durante as escavacións arqueolóxicas realizadas no gran asentamento neolítico de Bronocice, sobre o río Nidzica, a uns 50 km ao nordeste de Cracovia. As escavacións foron dirixidas, entre 1974 e 1980, polo Instituto de Arqueoloxía e Etnoloxía da Academia Polaca de Artes e Ciencias conxuntamente coa State University of New York de Buffalo (EUA).

Decoración

editar

A ornamentación da pota presenta esquematicamente elementos claves do contorno social da prehistoria humana. O compoñente decorativo máis importante é unha representación esquematizada do que é, moi probabelmente, un carro. A figura mostra un vehículo coa súa cabezalla, para xunguir a un animal, e catro rodas. As liñas que conectan estas teñen que representar eixes. O círculo no medio ou simboliza un recipiente para a colleita ou ben é unha representación simbólica do sol. Outras imaxes da pota son unha árbore, un río e o que poden ser campos cruzados por camiños ou foxos dos arredores dunha aldea.

Implicacións históricas

editar

A imaxe esquemática do carro é a máis antiga representación coñecida no mundo dun vehículo con rodas. Implica a existencia de carros na Europa Central nunha época tan antiga como o IV milenio a.C. Presuntamente deberon ser arrastrados por uros, cuxos restos foron atopados no mesmo asentamento. Os seus cornos apareceron desgastados como se fosen atados con cordas, posibelmente como resultado do uso dalgún tipo de xugo.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar