Porto de Tarifa
O porto de Tarifa é un porto comercial, pesqueiro e de pasaxeiros situado na cidade española de Tarifa, na provincia de Cádiz. É xestionado pola Autoridade Portuaria da Baía de Alxeciras xunto ao porto da Baía de Alxeciras. É o porto europeo máis próximo ao norte de África e principal vía de embarque cara a Tánxer, en Marrocos.
Ten un calado de 3 metros e permite unha eslora de 25. Pertence á provincia marítima de Alxeciras, distrito de Tarifa.