Portal:Suecia/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Suecia:

Ingmar Bergman, nado en Uppsala o 14 de xullo de 1918 e finado en Fårö o 30 de xullo de 2007, foi un recoñecido director e dramaturgo sueco. É considerado unha das personalidades máis eminentes da cinematografía mundial.

Dirixiu máis de sesenta películas e documentais para a televisión e o cine, os guións dos cales tamén escribía, e dirixiu unhas cento setenta obras de teatro. Na súa compañía de actores atópanse Harriet AnderssonLiv UllmannGunnar BjörnstrandBibi AnderssonErland JosephsonIngrid Thulin e Max von Sydow. Gran parte das súas películas foron rodadas en Suecia.

As súas dúas paixóns foron o teatro e mailo cine. Por esta última foi recoñecido mundialmente até que en 1983 se retirou da dirección cinematográfica con Fanny e Alexander (3 premios Oscar). Dende entón colaborou en guións e sobre todo escribiu ensaio máis ou menos autobiográficos: Imaxes ou Lanterna Máxica, entre outras. No ano 1997 o Festival Internacional de Cine de Cannes, que celebraba o seu 50 aniversario, concedeulle a Palma das Palmas, unha "Palma de honor" só outorgada naquela ocasión, que lle entregaron todos os galardoados até entón coa Palma de Ouro que se puideron reunir en Cannes.


Carl Linnaeus, (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio de 1707 en Råshult, na provincia de Småland, Suecia, e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» e fundador da bioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.

Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e, cara a 1730, empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735-1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para colleitar e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema. No momento da súa morte, era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. É considerado heroe nacional de Suecia.

En botánica, a abreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies é L. É considerado heroe nacional de Suecia.


Portal:Suecia/Biografía destacada/3

Portal:Suecia/Biografía destacada/4

Portal:Suecia/Biografía destacada/5

Portal:Suecia/Biografía destacada/6

Portal:Suecia/Biografía destacada/7

Portal:Suecia/Biografía destacada/8

Portal:Suecia/Biografía destacada/9

Portal:Suecia/Biografía destacada/10