Portal:Serbia/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Serbia:

1 editar

Aínda que a orixe dos serbios se perde no pasado remoto, a historia de Serbia pode considerarse que comeza co primeiro estado serbio, Raška, que foi fundado no século IX pola Casa de Vlastimirović; desenvolveuse despois como Reino e logo Imperio serbio baixo a Casa de Nemanjić.

Na época moderna, e despois da ocupación otomá, Serbia foi un principado autónomo (1817-1878), aínda baixo soberanía otomá, un principado e un reino independente (1878-1918), parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1918-1941), denominado Reino de Iugoslavia desde 1929, un estado títere ocupado polos nazis (1941-1944), unha república socialista na República Federal Socialista de Iugoslavia (1945-1992), unha república na República Federal de Iugoslavia (1992-2003), unha república na Unión de Estado de Serbia e Montenegro (2003-2006) e, nos nosos días, a República de Serbia, independente desde o 5 de xuño de 2006.


2 editar

O Košarkaški klub Crvena zvezda (en serbio: Кошаркашки клуб Црвена звезда, Club de Baloncesto Estrela Vermella) é un equipo profesional de baloncesto de Belgrado (Serbia) fundado en 1945. O nome de Crvena zvezda significa Estrela Vermella, e forma parte da Sociedade Deportiva Estrela Vermella de Belgrado.

O Crvena zvezda é xunto co Partizan Belgrado, o primeiro club de baloncesto de Belgrado, e de Serbia en xeral, en número de títulos acadados, con 15 títulos de liga. Porén, o Estrela Vermella acadou menos éxitos internacionais que o Partizan, ao conquistar só unha Recopa de Europa en 1974, pese a ter disputado dúas finais máis da Recopa e dúas finais da Copa Korać.

Compite na Košarkaška liga Srbije, a liga nacional de Serbia, que determina que equipos serbios xogan a Euroliga e cales a ULEB Eurocup. Tamén é membro da Adriatic Basketball Association, polo que tamén xoga na Liga do Adriático. Disputa os seus encontros no pavillón Pionir Hall de Belgrado, inaugurado en 1973. A cancha, que conta cunha capacidade para 8.150 espectadores, compártea cos seus rivais da cidade, o KK Partizan. Os fans do Crvena zvezda son coñecidos como "Delije".


3 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:Serbia/Artigo destacado/10