Hala Aleksandar Nikolić
O Hala Aleksandar Nikolić (serbio: Хала Александар Николић / Hala Aleksandar Nikolić), antes coñecido como Hala Pionir (Хала Пионир / Hala Pionir), é un pavillón deportivo situado na cidade de Belgrado, Serbia, na municipalidade de Palilula. A capacidade da cancha é de 8.150 espectadores.[2]
Hala Pionir | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 44°48′56″N 20°29′06″L / 44.815517, 20.485111 |
Localización | Belgrado, Serbia |
Construción | |
Inauguración | 24 de maio de 1973 |
Renovación | 2011 |
Arquitecto | Ljiljana Bakic |
Estadio | |
Capacidade | 8.150[1] |
Propietario | SOE Tašmajdan SRC |
Localía | KK Partizan (NLB) KK Crvena zvezda (NLB) |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO Pavillón Pionir Hall foi construído en 1973, en tan só once meses, pola empresa construtora "Energoprojekt". Nesa época, o baloncesto iugoslavo estaba en pleno apoxeo, e aínda que Pionir ten organizado moitos eventos deportivos diferentes, como voleibol ou balonmán, rapidamente se fixo coñecido como un santuario do baloncesto.
O equipo nacional de Iugoslavia gañou o ouro europeo en 1975, baixo o seu teito, e tamén trouxo sorte aos campións de Lituania, o Žalgiris Kaunas, en 1998 cando gañaron a Copa Saporta. O Partizan trasladouse ao Pionir en 1992, despois de deixar ao seu antigo pavillón, o "Hala sportova", xa que se quedara obsoleto para un club que estaba a piques de tomar o trono europeo. O Pionir é hoxe un moderno polideportivo totalmente equipado, que pode cumprir satisfactoriamente as normas básicas das competicións europeas.
Notas
editar- ↑ http://www.rtrs.tv/vijesti/vijest.php?id=189712
- ↑ Srpska, RTRS, Radio Тelevizija Republike Srpske, Radio Television of Republic of. "Дворана "Александар Николић" проширује се на 10.000 мјеста". СПОРТ - РТРС. Consultado o 2022-11-20.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hala Aleksandar Nikolić |