Portal:País Vasco/Cabezallo

O País Vasco ou Euskadi, tamén coñecido como Comunidade Autónoma Vasca (en éuscaro: Euskal Autonomia Erkidegoa), é unha comunidade autónoma española situada no extremo nororiental da costa cantábrica. Limita con Cantabria e Castela e León (provincia de Burgos) ao oeste, con Navarra ao leste, coa Rioxa ao sur, e co Golfo de Biscaia (mar Cantábrico) e Francia ao norte. Comprende boa parte do territorio onde se fala o éuscaro.

O País Vasco é considerado unha nacionalidade histórica recoñecida na Constitución española con estatuto de comunidade autónoma. O País Vasco consta das seguintes tres provincias: Guipúscoa, Biscaia e Áraba, cuxas capitais son Donostia, Bilbao e Vitoria.

O País Vasco ten unha extensión total de 7.234 km², e unha poboación de 2.164.311 habitantes (INE 2015), cunha densidade de poboación de 299,19 hab/km². Oficialmente non ten unha capital, pero oficiosamente, a súa capital é Vitoria (Álava), sede das institucións comúns do Parlamento e do Goberno vasco. A cidade máis poboada é Bilbao.

Hai unha forte forza do nacionalismo e independentismo, tanto politicamente de esquerdas (chamado abertzale) como de dereitas. Historicamente, o símbolo desta súa identidade independente é a árbore da vila biscaina de Gernika.