Portal:Historia/Efemérides destacadas/13 de marzo
- 624, prodúcese a Batalla de Badr, na que Mahoma vence aos seus opoñentes da tribo Quraysh.
- 1697, os españois conquistan Nojpetén, capital do reino maia de Itzá.
- 1881, Alexandre II de Rusia morre nun atentado en San Petersburgo.
- 1901, morre Benjamin Harrison, vixésimo terceiro presidente estadounidense
- 1902, dimite en España o gabinete formado por Práxedes Mateo Sagasta
- 1918, unha revolta veciñal contra os excesivos impostos en Feira do Trece (Narón) remata con seis mortos.
- 1940, remata a Guerra de Inverno entre Unión Soviética e Finlandia, coa sinatura do Tratado de paz de Moscova.