Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Deportes gaélicos:

1 editar

Croke Park (irlandés: Páirc an Chrócaigh) é un estadio da cidade de Dublín (República de Irlanda) e sede da Asociación Atlética Gaélica (GAA), a organización deportiva máis grande do país. Está situado no centro da cidade e ten capacidade para máis de 82.300 espectadores, o que converte ao recinto no estadio máis grande de Irlanda e o terceiro de Europa. O estadio serve para a práctica de deportes gaélicos como o fútbol gaélico e o hurling.

A Asociación Atlética Gaélica negouse a realizar partidos de fútbol e rugby en Croke Park durante décadas, por ser deportes de orixe británica. Cando o estadio Lansdowne Road demoleuse e reconstruíuse para converterse no Aviva Stadium, a institución permitiu que se empregara o estadio entre 2007 e 2010 para a práctica de ditos deportes.

Neste recinto tivo lugar no ano 1920 unha masacre chamada Domingo Sanguento nun partido de fútbol gaélico debido ao ataque do exército inglés, que ametrallou ao público e aos xogadores que ocupaban o estadio.


2 editar

O All-Ireland Senior Hurling Championship é a principal competición de hurling no mundo. Este campionato é unha serie anual de partidos xogados en Irlanda durante o verán e o comezo do outono organizado pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). O trofeo lévase xogando dende o ano 1887 coa excepción do ano 1888 no que non se disputou.

Normalmente, a final xógase o primeiro domingo de setembro en Croke Park que serve como culminación dunha serie de partidos xogados durante os meses de verán, e os resultados determinan que condado recibe a Liam McCarthy Cup. Nos seus comezos, o campionato foi unha competición de eliminación directa na que só xogaban os campións de cada provincia irlandesa. Durante os anos 1990, a competición ampliouse, incorporando en primeiro lugar un "sistema de porta atrás" e despois unha fase de grupos de todos contra todos. Actualmente o All-Ireland consta de varias etapas. No actual formato, o trofeo empeza a finais de maio cos campionatos provinciais de Leinster e Munster. Unha vez derrotado o equipo no provincial, a GAA concédelle ao equipo do condado outra oportunidade de gañar o título. Os campións de Leinster e Munster gañan un posto automático nas semifinais. Aí únense os dous gañadores da clasificación do All-Ireland a través de só dous cuartos de final.

Os equipos máis dominantes veñen das provincias de Leinster e Munster. Cork, Kilkeny e Tipperary son considerados "os tres grandes" do hurling.


3 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/3

4 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/4

5 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/5

6 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/6

7 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/7

8 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/8

9 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/9

10 editar

Portal:Deportes gaélicos/Artigo destacado/10