Portal:Ópera/Selección de aniversarios/maio
- 3 de maio de 2005 – A ópera de Lorin Maazel 1984 estréase na Royal Opera House de Londres.
- 5 de maio de 1726 – A ópera de Händel Alessandro é esteada no King's Theatre de Londres co aclamado castrato italiano Senesino no papel protagonista.
- 8 de maio de 1895 – Henry Clifford, unha ópera do compositor español Isaac Albéniz, estréase no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
- 10 de maio de 1901 – O tenor alemán Max Lorenz, un famoso intérprete wagneriano, nace en Düsseldorf.
- 18 de maio de 1910 – A cantante de ópera e compositora francesa Pauline Viardot morre en París aos 89 anos.
- 19 de maio de 1894 – A última ópera de Verdi, Falstaff, é estreada no Reino Unido con Arturo Pessina no papel protagonista.
- 22 de maio de 1813 – O compositor Richard Wagner (na imaxe) nace en Leipzig. Vinte anos despois finaliza a súa primeira ópera, Die Feen.
- 25 de maio de 1869 – A Wiener Staatsoper é inaugurada oficialmente coa representación de Don Giovanni de Mozart.