Ponte Maior de Ourense
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como ponte Romana ou ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense.
Ponte Maior de Ourense | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°20′44″N 7°52′08″O / 42.345452, -7.868764Coordenadas: 42°20′44″N 7°52′08″O / 42.345452, -7.868764 |
Río | Miño |
Cidade | Ourense |
Provincia | Ourense |
Características | |
Construción | Século I |
Restauración | século XIII[1] |
Lonxitude | 370 m |
Ancho | 5 m |
Gálibo | 38 m |
Tipo | En arco |
Material | Pedra |
Historia
editarTen a súa orixe no século I, cando formaba parte dun ramal da vía XVIII do Itinerario de Antonino, tamén chamada Vía Nova. A situación estratéxica da ponte como nó de comunicacións no centro da Gallaecia aumentou durante os séculos posteriores, contribuíndo ao desenvolvemento da vila.
Conserva sete arcos dos once orixinais. Durante o século XII o arco principal da ponte cedeu, dando lugar a unha serie de interminables reparacións e derrubamentos, renovado entre 1230 e 1449,[2] até que no século XVII a reforma final dirixida por Melchor de Velasco Agüero deu á ponte o aspecto actual,[3] indiscutiblemente medieval a pesar de manter elementos romanos orixinais, coma os arcos de inicio.
Durante moito tempo o arco central da ponte Maior, cun van de 43 metros, foi o de máis luz de España, até que a mediados do século XIX, coa apertura da estrada Villacastín-Vigo derrubouse a torre existente na ponte que figura no escudo da cidade.
Foi declarado monumento histórico por Decreto da xefatura do Estado o 6 de abril de 1961, publicada no BOE o 18 de abril dese mesmo ano. Trala súa peonización en 1989 é un dos tres símbolos principais da cidade xunto coas Burgas e a catedral de San Martiño.
Por ela discorre o Camiño de Santiago.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium.
- ↑ Enciclopedia Universal Micronet S.A. 1995-2006.
- ↑ Galegos.info
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte Maior de Ourense |