Pokémon Channel

videoxogo de 2003

Pokémon Channel, estreado no Xapón como Pokémon Channel ~Together with Pikachu!~ (ポケモンチャンネル ~ピカチュウといっしょ!~ Pokemon Channeru ~Pikachū to Issho!~?) é un videoxogo de 2003 da serie de Pokémon desenvolvido por Ambrella para a consola GameCube. Foi publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo. O obxectivo do xogador é axudar ó Profesor Oak a mellorar e promocionar a súa nova canle de televisión que presenta cun Pikachu. O xogo contén elementos dos xéneros de aventura,[1] mascota dixital[2] e simulación.[3] O xogador pode explorar escenarios 3D, que Pikachu converse con outros Pokémon e recoller varios obxectos.

Pokémon Channel
Desenvolvedor(es)Ambrella
Distribuidora(s)Nintendo
The Pokémon Company
Director(es)Muneaki Ozawa
Norio Matsumura
Produtor(es)Tatsuya Hishida
Kunimi Kawamura
Deseñador(es)Muneaki Ozawa
Miki Obata
Norio Matsumura
Kunimi Kawamura
Compositor(es)Miki Obata
Lanzamento 18 de xullo de 2003
América do Norte: 1 de decembro de 2003
Unión Europea 2 de abril de 2004
XéneroAventuras e mascota dixital
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)GameCube
SeriePokémon
editar datos en Wikidata ]

O xogo foi desenvolvido axiña como unha secuela do título de Nintendo 64 Hey You, Pikachu!, e para promocionar o accesorio Nintendo e-Reader. Emprega efectos de texturas 3D. Foi presentado en Electronic Entertainment Expo (E3) de 2003 e en diferentes eventos nos meses seguintes en Sapporo, Hokkaido, no Xapón. Lanzouse o 18 de xullo de 2003 no Xapón, o 1 de decembro en América do Norte e o 2 de abril de 2004 en Europa. No Xapón, o xogo vendeu 66 373 copias no seu primeiro ano. Recibiu valoracións dispares, criticando o seu baixo nivel de interactividade e os repetitivos efectos de son, aínda que os aspectos de colección e visuais foron mellor recibidos.

Notas editar

  1. Torres, Ricardo. "Pokemon Channel Review: If you ever thought it would be cool to hang out with Pikachu, think again.". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2014. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  2. Irwin, Mary Jane (4 de decembro de 2003). "Pokemon Channel: Watch TV thanks to your GameCube.". IGN. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  3. Leeper, Justin (xaneiro de 2004). "Should You Touch That Dial?". Game Informer (129): 141.