Hey You, Pikachu!

videoxogo de 1998

Hey You, Pikachu!, coñecido no Xapón como Pikachū Genki Dechū (ピカチュウげんきでちゅう?), é un videoxogo de mascota virtual da serie de videoxogos de Pokémon desenvolvido para a consola Nintendo 64 por Ambrella e publicado por Nintendo. Estreouse no Xapón o 12 de decembro de 1998, e en América do Norte o 6 de novembro de 2000. O obxectivo do xogo é axudar ó Profesor Oak a través dun dispositivo de voz para comunicarse cun Pikachu (que ten unha base de datos composta de 256 palabras).[1]

Hey You, Pikachu!
Desenvolvedor(es)Ambrella
Distribuidora(s)Nintendo
Produtor(es)Tsunekazu Ishihara
Compositor(es)Miki Obata
Lanzamento 12 de decembro de 1998
América do Norte: 6 de novembro de 2000
XéneroMascota dixital
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Nintendo 64
SeriePokémon
editar datos en Wikidata ]

É un dos dous único xogos que utilizan o recoñecemento de voz de N64, un elemento de hardware que pode comprender e analizar a voz humana. Tamén é o único xogo que usa a VRU que se lanzou nos Estados Unidos. O xogador pode moverse e recoller elementos, ademais de falar con Pikachu e describir todo.

  1. Moyer, Michael (setembro de 2000). Popular Science, ed. "Back Talk". Consultado o 2 de novembro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar