Pneumonía eosinofílica aguda

doenza pulmonar

A pneumonía eosinofílica aguda (PEA ou NEA) é unha doenza pulmonar agrupada dentro das chamadas eosinofilias pulmonares[1]. É de etioloxía descoñecida, polo que o diagnóstico desta doenza só se pode establecer cando non se poida facer o diagnóstico doutras doenzas que causen eosinofilia pulmonar. A diferenza da pneumonía eosinofílica crónica, que ten un curso crónico e un comezo insidioso, a PEA é un proceso agudo que cursa principalmente con febre de poucos días de evolución e insuficiencia respiratoria. En moitos casos, por mor da gravidade da afectación respiratoria, cómpre asistir ao doente con ventilación mecánica. O diagnóstico establécese principalmente por radioloxía e por medio dun lavado broncoalveolar. Na radioloxía de tórax obsérvanse infiltrados alveolares ou intersticiais de eosinófilos, e no lavado broncoalveolar obxectivaríase un porcentaxe de eosinófilos en sangue de máis dun 25%. os niveis de IgE sérica poden estar aumentados nalgúns doentes. Tamén adoita ser frecuente o derramamento pleural[2].

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O tratamento baséase no uso de corticoides, sobre todo metilprednisolona a doses altas até se resolver a insuficiencia respiratoria, e a doses menores durante 4 semanas[3].

  1. Harrison Principios de Medicina Interna, 17a edición; Capítulo 249. Neumonites por hipersensibilidade e infiltrados pulmonares con eosinofilia
  2. Idiopathic Acute Eosinophilic Pneumonia; American Journal of Respiratory and Critical Care Medicine. 2002
  3. http://todo-en-salud.com/2010/09/neumonia-eosinofilica-aguda

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar