Abrir o menú principal

Plesiomonas shigelloides
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: Plesiomonas
corrig. Habs and Schubert 1962
Especie: P. shigelloides
Nome binomial
Plesiomonas shigelloides
corrig. (Bader 1954)
Habs e Schubert 1962
Sinonimia

Pseudomonas shigelloides Bader 1954
Aeromonas shigelloides (Bader 1954) Ewing et al. 1961
Fergusonia shigelloides (Bader 1954) Sebald e Véron 1963

Plesiomonas shigelloides é unha especie de bacterias[1] que antes estaba clasificada na familia Vibrionaceae, pero que agora a maioría dos microbiólogos están de acordo en clasificala na familia Enterobacteriaceae. É a especie tipo e única especie do xénero Plesiomonas que figura na LPSN.[2] É un bacilo gramnegativo, que foi illado da auga doce, de peixes de auga doce, e de moluscos e de moitos tipos de animais como pumas, vacas, cabras, porcos, gatos, cans, monos, voitres, cobras e sapos, e tamén de humanos.

P. shigelloides foi illada dunha gran variedade de mostras clínicas humanas, tanto intestinais coma extraintestinais. Foi illado das feces humanas, tanto con diarrea coma sen ela, e de vómitos (gastroenterite). Moitos artigos científicos afirman ou deixan implícito que P. shigelloides pode causar diarrea/gastroenterite en humanos. Porén, o illamento deste organismo nas feces nun caso de diarea non debería levar a unha precipitada conclusión de que a cepa de P. shigelloides é a causante real da diarrea nese caso; é dicir, a asociación non proba a causa.

P. shigelloides foi illada de moitas mostras extraintestinais humanas, a miúdo en persoas con inmunodeficiencia.

Algunhas cepas de Plesiomonas teñen antíxenos iguais aos de Shigella sonnei, e poden ocorrer reaccións cruzadas con antisoro para Shigella. Plesiomonas pode distinguirse de Shigella en deposicións diarreicas por medio da proba da oxidase, xa que Plesiomonas é oxidase positiva e Shigella é oxidase negativa. Plesiomonas é negativa para a DNAse, e esta e outras probas bioquímicas serven para distinguila de Aeromonas sp.

NotasEditar

  1. Niedziela T, Lukasiewicz J, Jachymek W, Dzieciatkowska M, Lugowski C, Kenne L (April 2002). "Core oligosaccharides of Plesiomonas shigelloides O54:H2 (strain CNCTC 113/92): structural and serological analysis of the lipopolysaccharide core region, the O-antigen biological repeating unit, and the linkage between them". J. Biol. Chem. 277 (14): 11653–63. PMID 11796731. doi:10.1074/jbc.M111885200. 
  2. List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature - Plesiomonas

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Medical microbiology de Jawetz, Melnick & Adelberg