Shigella sonnei

especie de bacteria gramnegativa

Shigella sonnei

Colonias de Shigella sonnei despois do seu cultivo durante 48 horas en ágar entérico Hektoen (HEK).
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Proteobacteria
Clase: Gammaproteobacteria
Orde: Enterobacteriales
Familia: Enterobacteriaceae
Xénero: Shigella
Especie: Shigella sonnei
(Levine 1920) Weldin 1927 [1]
Sinonimia

Bacterium sonnei Levine 1920

Shigella sonnei é unha especie de bacteria gramnegativa do xénero Shigella.[2] Xunto con Shigella flexneri, é responsable do 90% dos casos de shigelose.[3][4] Shigella sonnei recibe o seu nome en honra do bacteriólogo danés Carl Olaf Sonne.[5][6] É unha bacteria gramnegativa, con forma de bacilo, non móbil, e non formadora de esporas.[7]

Fisiopatoloxía editar

Esta especie polimeriza a actina da célula hóspede.

Evolución editar

Esta especie é clonal e está espallada por todo o mundo. Unha análise de 132 cepas mostrou que se orixinaron dun antepasado común en Europa arredor do ano 1500 d.C.[8]

Causas editar

As bacterias do xénero Shigella do "grupo D" causan shigelose. As persoas que se infectan con estas bacterias libérana nas súas feces, causando así a posibilidade de que se espalle pola auga ou por contacto directo cunha persoa por vía oral. As condicións hixiénico-sanitarias malas ou a comida ou auga contaminada contribúen a contraer esta doenza.[9]

Persoas en risco editar

Os meniños e nenos, anciáns, viaxeiros e persoas enfermas son susceptibles de sufrir os síntomas máis graves da enfermidade causada por S. sonnei. A shigelose padécena comunmente individuos con síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) e complexos relacionados coa SIDA, así como homes homosexuais sen SIDA. A shigelose pode transmitirse tamén por persoas con SIDA que contraeron previamente unha shigelose grave e prolongada, incluíndo os que teñen a infección espallada polo torrente circulatorio, o cal pode ser mortal.[10][11]

Síntomas editar

As infeccións oden orixinar febre aguda, dores abdominais agudos, dores rectais, náusea, diarrea acuosa ou feces con sangue, moco ou pus, que poden aparecer nun período de 1 a 7 días despois de estar en contacto coas bacterias.[9] A maioría das infeccións por Shigella adoitan desaparecer sen complicacións, pero se se deixa sen tratar ou se atrasa a diagnose pode orixinar algunhas complicacións graves como deshidración (algunhas poden orixinar un shock e a morte), convulsións, síndrome hemolítico-urémico, megacolon tóxico e artrite reactiva.[12] As persoas con diarrea adoitan recuperarse completamente, aínda que poden pasar varios meses ata que os seus hábitos intestinais sexan totalmente normais. Unha vez que se tivo shigelose, xa non é probable infectarse de novo co mesmo tipo de microbio polo menos durante varios anos. Porén, poden infectarse con outros tipos de Shigella.[13]

Posibles complicacións editar

Prevención editar

Non se dispón de vacinas contra a Shigella. A mellor prevención contra a shigelose é o lavado de mans coidadoso e frecuente con xabón e auga antes e despois de usar o váter e antes de maniplar alimentos; ademais, é importante aterse estritamente ás precaucións de seguridade estándar coa comida e auga. Evitar ter relacións sexuais con persoas con diarrea ou que se acaban de recuperar dunha diarrea. Tamén é importante evitar beber ou tragar auga de lagoas, lagos ou piscinas non tratadas.[15][16]

Tratamento editar

Informouse de resistencia a antibióticos nesta bacteria.[17]

Cultivo no laboratorio editar

Pode cultivarse en ágar MacConkey e TSA, a 37 °C como temperatura óptima, pero tamén pode crecer a 25 °C. É un organismo anaerobio facultativo e quimioorganótrofo e produce ácido cando cataboliza carbohidratos.

Notas editar

  1. Parte, A.C. "Shigella". LPSN. 
  2. Shigella sonnei Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
  3. Diccionario Galego de Termos Médicos. Páxina 702 - shigelose.
  4. EMedicine - article 182767 Shigellosis|clinical
  5. WhoNamedIt - 3001 - Carl Olaf Sonne
  6. WhoNamedIt - 3637 - Shigella sonnei
  7. "Shigella sonnei". Microbewiki. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2022. 
  8. Holt, Kathryn E; Baker, Stephen; Weill, François-Xavier; Holmes, Edward C; Kitchen, Andrew; Yu, Jun; Sangal, Vartul; Brown, Derek J; Coia, John E; Kim, Dong Wook; Choi, Seon Young; Kim, Su Hee; da Silveira, Wanderley D; Pickard, Derek J; Farrar, Jeremy J; Parkhill, Julian; Dougan, Gordon; Thomson, Nicholas R (2012). "Shigella sonnei genome sequencing and phylogenetic analysis indicate recent global dissemination from Europe". Nature Genetics 44 (9): 1056–9. PMC 3442231. PMID 22863732. doi:10.1038/ng.2369. 
  9. 9,0 9,1 MedlinePlus Encyclopedia Shigellosis
  10. Bad Bug Book 2d ed. – BBB – Shigella spp., Foodborne Pathogenic Microorganisms and Natural Toxins Handbook, FDA.
  11. "General Information | Shigella – Shigellosis | CDC". www.cdc.gov. 2017-10-12. 
  12. Mayo Clinic Staff. "Shigella Infection". Shigella Infection Complications. Mayo Foundation for Medical Education and Research, 24 de agosto de 2012. Consultado o 13 de maio de 2015.
  13. CDC Staff"[1]"
  14. Mayo Clinic Staff. "Shigella Infection". Shigella Infection Complications. Mayo Foundation for Medical Education and Research, 24 de agosto de 2012. Consultado o 13 de maio de 2015.
  15. "General Information Shigella – Shigellosis CDC". Cdc.gov. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  16. "Shigellosis – Chapter 3 – 2016 Yellow Book Travelers' Health CDC". Cdc.gov. Consultado o 18 de abril de 2016. 
  17. Jain, Sanjay K.; Gupta, Amita; Glanz, Brian; Dick, James; Siberry, George K. (2005). "Antimicrobial-Resistant Shigella sonnei". The Pediatric Infectious Disease Journal 24 (6): 494–7. PMID 15933557. doi:10.1097/01.inf.0000164707.13624.a7. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar