O plano orbital dun obxecto orbitando ao redor doutro é o plano xeométrico no cal está contida a órbita. Bastan tres puntos no espazo para definir o plano orbital: o centro do obxecto máis pesado, o centro do segundo obxecto (obxecto que orbita) e o centro deste último obxecto transcorrido un tempo.

Dos elementos orbitais, o plano orbital represéntase como P1.
Tamén se pode ver un plano orbital en relación con seccións cónicas, definíndose a traxectoria orbital como a intersección entre un plano en un cono. As órbitas parabólica (1) e hiperbóica (3) son órbitas de escape, mentres que as elíptica e circular (2) son cativas.

Por definición, a inclinación dun planeta no sistema solar é o ángulo entre o seu plano orbital e o plano orbital da Terra, que define a eclíptica. Noutros casos, por exemplo unha lúa ou un satélite en órbita ao redor doutro planeta, é conveniente definir a inclinación da órbita do satélite como o ángulo entre o seu plano orbital e o ecuador do planeta.

Satélites artificiais

editar

Para os vehículos de lanzamento e os satélites artificiais, o plano orbital é un parámetro definitorio dunha órbita. Precisarase dunha gran cantidade de propulsor para cambiar o plano orbital dun obxecto. Outros parámetros, como o período orbital, a excentricidade e a fase da órbita modifícanse de xeito máis doado mediante sistemas de propulsión.

A ventá de lanzamento dun vehículo de lanzamento xeralmente está determinada polos momentos nos que o plano orbital obxectivo se cruza co sitio de lanzamento.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar