Plácido Diéguez Amoeiro
Placido Diéguez-Amoeiro Gómez, finado en Verín o 9 de outubro de 1939[1], foi un farmacéutico e político galego.
Plácido Diéguez Amoeiro | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Galicia | |
Falecemento | 9 de outubro de 1939 |
Verín | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | farmacéutico |
Pai | Benito Diéguez Amoeiro |
Irmáns | Luis Diéguez Amoeiro, Castor Diéguez Amoeiro e Mariano Diéguez Amoeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Benito Diéguez Amoeiro. Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela onde tamén realizou estudos de medicina. Volveu a Verín onde foi farmacéutico e continuou co laboratorio familiar. Elaborou sobre 30 especialidades patentadas; foi premiado na Exposición Internacional de Hixiene de Londres en 1914 polas especialidades Tónico antineurasténico Amoeiro e Pneumogenol. Concelleiro en varias corporacións dos anos 20 e alcalde de Verín en 1930. Foi membro da directiva do Colexio de Farmacéuticos de Ourense en 1927 e presidente no momento da súa morte en 1939.
NotasEditar
- ↑ Necrolócica en El Pueblo Gallego, 9-10-1941, p. 2.