Benito Diéguez Amoeiro
político galego
Benito Diéguez Amoeiro, finado en Verín o 9 de marzo de 1874, foi un político galego.
Benito Diéguez Amoeiro | |
---|---|
Lugar de nacemento | Galicia |
Falecemento | 9 de marzo de 1874 |
Lugar de falecemento | Verín |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Luis Diéguez Amoeiro, Castor Diéguez Amoeiro, Mariano Diéguez Amoeiro e Plácido Diéguez Amoeiro |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi alcalde de Verín (1854), deputado provincial (1856). En 1865 repudiou a candidatura do brigadier Luis Lacy por Verín, e reconstituíu o Partido Progresista xunto co seu fillo Luis Diéguez Amoeiro, polo que foron perseguidos. Fuxiron a Portugal e por presións do goberno español foron encarcerados en Peniche. Logo do indulto de 1867 regresaron a España e en 1868 volveu estar preso e foi sometido a Consello de Guerra, pero foi absolto. Foi senador pola provincia de Ourense en 1871, 1872(1ª) e 1872-1873.
Foi pai de Castor, Luis, Mariano e Plácido Diéguez Amoeiro.