O pilro peitoral[2] ou pilro americano,[3] Calidris melanotos, é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.

Pilro peitoral
Calidris melanotos

Adulto en plumaxe reprodutora

Adulto en plumaxe non reprodutora
Adulto en plumaxe non reprodutora

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris melanotos
Vieillot, 1819
Área de dispersión de Calidris melanotos
Área de dispersión de Calidris melanotos

Área de dispersión de Calidris melanotos
Sinonimia
Véxase o texto

É unha pequena ave limícola migratoria, que se reproduce en Norteamérica e Asia, e pasa o inverno principalmente en Suramérica. Come pequenos invertebrados. Aniña nunha pequena depresión escavada no chan, onde pon catro ovos, que están alí protexidos das frías brisas dos campos onde se reproduce. Mide uns 21 cm de longo, e ten unha envergadura alar de 46 cm.

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi desc tita en 1819 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot.[4][5]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Calidris.

O epíeto específico, melanotos, está formado pola unión dos elementos mela- e -notos, ambos os dous tirados das voces do grego antigo μέλας mélas, "negro" e νῶτος nōtos, "costas", respectivamente, referíndose ás liñas negras do dorso.[6][7]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Calidris maculata (Vieillot, 1819)
  • Erolia melanotos (Vieillot, 1819)
  • Heteropygia melanotos (Vieillot, 1819)
  • Tringa maculata Vieillot, 1819
  • Tringa melanotos Boneparte
  • Tringa melanotos Vieillot, 1819 (protónimo)

Nota taxonómica editar

O pilro peitoral adoita clasificarse no xénero Calidris, pero é ás veces separado, xunto con outros pilros de pequeno tamaño, no xénero Erolia.[8]
Este pode ser ou non un bo grupo monofilético, dependendo de como situemos o filoxeneticamente enigmático pilro ferruxento (Calidris ferruginea), que é a especie tipo de Erolia. En calquera caso, o nome de xénero Ereunetes (antes usado para o Calidris mauri e o Calidirs pusilla, que serían tamén membros deste clado separado) estaba establecido antes de Erolia e ten precedencia.

O pilro de Cox (Calidris × paramelanotos) é un híbrido estereotipado entre estas especies e o pilro ferruxento. Isto non proba unha relación especialmente próxima entre estas dúas especies, xa que outros pilros moito máis distantes poden hibridarse tamén. En calquera caso, entre o clado dos pilros pequenos, o Calidris ruficollis e o Calidris subminuta son parentes especialmente próximos do pilro peitoral.[9]

Características editar

 
Comparción co tamaño da man dun humano.
 
Adulto e plumaxe reprodutora; nótese os bordos nítidos que separan as cores do peito.
 
Na Cosumnes River Preserve de California.
 
En Nova Jersey.

Ten unha aparencia similar á amplamente simpátrica Calidris acuminata, que non é membro do clado dos pilros pequenos. O pilro peitoral é un pilro máis ben longo, de 21 cm, e unha envergadura alar de 46 cm,[10] cun dorso marrón agrisado, dun marrón máis intenso no macho en verán, e teñen o máximo de cor gris en inverno. O pilro peitoral ten un peito gris, nitidamente demarcado no seu bordo inferior, que lle dá a esta especie o seu nome; esta clara liña divisoria é especialmente conspicua se as aves se volven cara ao observador. As patas son amareladas e o bico é oliváceo cunha punta escura.

Os xuvenís teñen un padrón de cores máis vistoso na parte superior, con cores avermelladas e liñas brancas.

Esta especie difire do Calidris acuminata no seu debuxo do peito, un supercilio máis feble e a parte superior da cabeza máis gris.

Medidas estándar[11][12]
Lonxitude 200–240 mm
Peso 73 g
Envergadura alar 460 mm
Á 136-142,8 mm
Cola 60,4-63,9 mm
Culmen 28,7-29,3 mm
Tarso 27,8–30 mm

Distribución e ecoloxía editar

É unha ave que migra a grandes distancias, e aproximadamente a metade dos individuos da especie reprodúcese na tundra lamacenta do noroeste de Asia, o resto dos individuos aniña desde Alasca ao centro do Canadá.[13] A maioría das aves americanas e asiáticas desta especie pasan o inverno en Suramérica, pero algunhas das que se reproducen en Asia pasan o inverno no sur de Australia e Nova Zelandia. Durante a migración e en inverno, o pilro peitoral atópase tipicamente en hábitats de auga doce.

Esta especie tamén aparece como ave migrante regular no oeste de Europe, e pode verse a maioría dos anos en Irlanda ou Gran Bretaña.[14] Aínda que non foi rexistrada como especie que se reproduce en Europa, algúns individuos errantes foron atopados en Escocia en hábitat axeitado para a reprodución durante o verán.[15] En Galicia está rexistrada como especie accidental rara. Moitas destas aves que aparecen en Europa occidental proceden de migracións desde os seus campos de reprodución en Asia viaxando para pasar o inverno no sur de África.[16] Na costa pacífica dos Estados Unidos, tales bandadas migrantes parecen ser máis raras.[17] Os individuos errantes vense ás veces noutros sitios fóra das rutas habituais de migración, por exemplo nas illas Marianas, nas illas Marshall e Palau en Micronesia; con certa maior frecuencia poden encontrarse nas illas Hawai.[18][19][20]

A migración do pilro peitoral podería verse afectada polo quecemento global, como se sospeita ocorrerá con moitas aves que se reproducen no Ártico: hai 100 anos, os pilros peitorias migrantes observábanse pasar polo norte de Ohio a inicios ou mediados de maio e de novo ao final de agosto; hoxe, o groso da migración ao norte ocorre xa en abril, e a maioría das aves non retornan ata mediados de setembro.[21][22]

Comen en pradeiras e chairas lamacentas, apañando a comida utilizando a vista, e ás veces sondando co bico. Comen principalmente artrópodos e outros invertebrados. O macho fai unha exhibición de cortexo na que incha o peito, que ten un saco de graxa na estación reprodutora para mellorar a súa exhibición.

Constrúen escarvando un niño que é unha depresión no chan de lados bastante inclinados forrándoo cun volume considerable de material. O niño é o o suficientemente profundo (uns 3 cm de profundidade) para poñer nel os ovos, minimizando a perda de calor causado polas brisas frías que son frecuentes nas latitudes onde aniña.[23] A femia pon catro ovos.

Estado de conservación editar

O pilro peitoral decreceu en número nun 50 % desde 1974.[24] Aínda así, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) considera polo momento que a súa situación é "pouco preocupante".[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Calidris melanotos". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. 4,0 4,1 Calidris melanotos (Vieillot, 1819) no GBIF. Consultado o 3 de setembro de 2022.
  5. Calidris melanotos (Vieillot, 1819) na BioLib. Consultada o 3 de setembro de 2022.
  6. James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books.
  7. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 248. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  8. Erolia Vieillot, 1816 no GBIF.
  9. Thomas, Gavin H.; Wills, Matthew A.; Székely, Tamás (2004). "A supertree approach to shorebird phylogeny". BMC Evolutionary Biology 4: 28. PMC 515296. PMID 15329156. doi:10.1186/1471-2148-4-28.  Supplementary Material Arquivado 02 de agosto de 2013 en Archive.is
  10. Robinson, R.A. "Pectoral Sandpiper Calidris melanotos". BirdFacts: profiles of birds occurring in Britain & Ireland (BTO Research Report 407). Thetford: bto.org. Consultado o 9 August 2012. 
  11. Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 152. 
  12. Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 184. ISBN 0-679-45122-6. 
  13. "TAXON: Pectoral Sandpiper, Calidris melanotos". U.S. Geological Survey. Consultado o 9 August 2012. 
  14. Harrison, Graham; Harrison, Janet (2005). The New Birds of the West Midlands. West Midland Bird Club. ISBN 0-9507881-2-0. Arquivado dende o orixinal o 23 January 2009. 
  15. Vittery, Alan (1997). The Birds of Sutherland. Colin Baxter Photography. ISBN 1-900455-18-8. 
  16. Lees, A.C.; Gilroy, J.G. (2004). "Pectoral Sandpipers in Europe: vagrancy patterns and the influx of 2003". British Birds 97 (12): 638–646. 
  17. For example the species was described as "unusual" in San Mateo County, California in the late 19th century, despite nearby San Francisco Bay offering excellent stopover habitat: Littlejohn, Chase (1916): Some unusual records for San Mateo County, California. Presentation at Cooper Club Northern Division Monthly Meeting, November 18, 1915. Abstract in "Minutes of Cooper Club Meeting" (PDF). Condor 18 (1): 38–40. 1916. doi:10.2307/1362896. 
  18. Wiles, Gary J.; Johnson, Nathan C.; de Cruz, Justine B.; Dutson, Guy; Camacho, Vicente A.; Kepler, Angela Kay; Vice, Daniel S.; Garrett, Kimball L.; Kessler, Curt C.; Pratt, H. Douglas (2004). "New and Noteworthy Bird Records for Micronesia, 1986–2003". Micronesica 37 (1): 69–96. 
  19. VanderWerf, Eric A. (2006). "Observations on the birds of Kwajalein Atoll, including six new species records for the Marshall Islands". Micronesica 38 (2): 221–237. 
  20. VanderWerf, Eric A.; Wiles, Gary J.; Marshall, Ann P.; Knecht, Melia (2006). "Observations of migrants and other birds in Palau, April–May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit". Micronesica 39 (1): 11–29. 
  21. Henninger, W.F. (1906). "A preliminary list of the birds of Seneca County, Ohio" (PDF). Wilson Bulletin 18 (2): 47–60. 
  22. "Annotated Ohio state checklist" (PDF). Ohio Ornithological Society. 2004. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2004. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  23. Reid, J.M.; Cresswell, W.; Holt, S.; Mellanby, R.J.; Whitfield, D.P.; Ruxton, G.D. (2002). "Nest scrape design and clutch heat loss in Pectoral Sandpiper (Calidris melanotos)". Functional Ecology 16 (3): 305–312. doi:10.1046/j.1365-2435.2002.00632.x. 
  24. Fitzpatrick, John W.; Senner, Nathan (2018-04-27). "Shorebirds, the World’s Greatest Travelers, Face Extinction". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-24. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar