Abrir o menú principal
Calidris mauri
C. mauri procurando comida.
C. mauri procurando comida.

Son de C. mauri.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Calidris
Especie: Calidris mauri
Cabanis, 1857
Calidris mauri map.svg

Sinonimia

Ereunetes mauri
Erolia mauri

O pilro de Maur[2] (Calidris mauri), ou tamén pilriño de Maur,[3] é unha pequena ave limícola do xénero Calidris. Esta é unha das especies limícolas máis abundantes en América do Norte, cunha poboación de millóns. O nome específico mauri fai referencia ao botánico italiano Ernesto Mauri (1791–1836).[4][5] Foi clasificado tamén nos xéneros Erolia e Ereunetes.

DescriciónEditar

Os adultos teñen as patas escuras e bico curto, fino e escuro, máis fino e algo curvado na punta (no pilro semipalmado o bico é máis curto e máis recto). O corpo é castaño por arriba e branco por debaixo, con raias finas no peito. A cabeza é de cor parda avermellada na parte supeior. Esta ave pode ser difícil de distinguir doutras pequenas limícolas similares, especialmente do pilro semipalmado, sobre todo cando ambas as especies teñen a plumaxe de inverno, e son de cor gris. O C. mauri muda á plumaxe de inverno moito máis cedo no outono que o pilro semipalmado.

DistribuciónEditar

O seu hábitat reprodutor é a tundra de Siberia oriental e de Alasca. Migran cara a ambas as costas atlánticas e pacíficas de América do Norte e do Sur. É unha especie errante moi rara en Europa.

AlimentaciónEditar

Estas aves aliméntanse nas chairas de lama en lagoas, estuarios e costas mariñas durante a migración e nas estacións non reprodutoras, sondando co bico ou utilizando a vista. Comen xeralmente invertebrados mariños. Durante a estación de cría aliméntanse na tundra e nas pradeiras húmidas. Comen principalmente insectos, pequenos crustáceos e moluscos.

ReproduciónEditar

Aniñan no chan, usualmente baixo algunha vexetación. O macho escava varias depresións e a femia selecciona unha e pon alí catro ovos. Ambos os pais incuban os ovos e coidan as crías mentres son dependentes, as cales se alimentan soas. Ás veces, a femia abandona a súa parella e os pitos antes de que estes estean listos para ol voo.

NotasEditar

  1. "Calidris mauri". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  3. Xosé M. Peñas Patiño; Carlos Pedreira López; Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. p. 192. 
  4. James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books.
  5. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 243. ISBN 978-1-4081-2501-4. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Jonsson, Lars y Peter J. Grant (1984). Identification of stints and peeps British Birds. 77(7):293-315.
  • Garrido, O.H.; Kirkconnell, A. (2000). Birds of Cuba. Helm Field Guides, Londres. 253 pp.
  • Centro Nacional de Biodiversidad (CeNBio), Cuba 2008. Diversidad Biológica Cubana - Clase Aves.
  • Sociedad Ornitológica Puertorriqueña Inc. (SOPI), 2007. (Catálogo de las aves de Puerto Rico).
  • Sociedad Ornitológica de la Hispaniola (SOH), 2008. Listado de Aves de la Hispaniola - Versión 1.4.

Ligazóns externasEditar