Pilro canelo
O pilro canelo (Calidris subruficollis ou Tryngites subruficollis) é unha pequena ave limícola. O seu nome específico subruficollis procede do latín sub, 'preto de', rufus, 'rubio', e collum, 'pescozo'.[2]
Pilro canelo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Área de distribución de C. subruficollis
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Tryngites subruficollis |
Descrición
editarEsta especie é marrón pola parte superior e ten unha face e partes inferiores de cor beixe en todas as plumaxes. Ten un peteiro curto e patas amarelas. Os machos son maiores que as femias. Os individuos novos lembran os adultos, pero poden ser máis claros nas partes inferiores.
Medidas estándar[3][4] | |
---|---|
Lonxitude | 190–230 mm |
Peso | 63 g |
Envergadura alar | 460 mm |
Á | 128,2-138,7 mm |
Cola | 56,8-61,4 mm |
Culmen | 19,9-21,3 mm |
Tarso | 31,8–34 mm |
Distribución e hábitat
editarO pilro canelo reprodúcese na tundra ártica de Norteamérica e é unha ave migradora de longas distancias, que pasa a estación non reprodutora principalmente en Suramérica, especialmente na Arxentina.
Migra principalmente a través da parte central de Norteamérica e é pouco común nas costas. Aparece como ave errante regular en Europa occidental, e non é un paxaro raro en Gran Bretaña ou Irlanda, onde se poden formar pequenas bandadas. Só o pilro peitoral é un visitante americano máis común en Europa.
Esta especie aniña no norte do Canadá e Alasca[5] no chan, e pon catro ovos. O macho fai unha exhibición de cortexo que inclúe erguer as ás para mostrar as partes brancas inferiores, que tamén fai na migración, ás veces mesmo cando ningún outro pilro canelo está presente. Fóra da estación reprodutora, esta ave encóntrase normalmente en hábitats con herba curta aeródromos e camps de golf, en vez de preto da auga.
Estas aves peteiran a comida que atopan usando a vista, e comen principalmente insectos e outros invertebrados. Sábese que comen o abesouro Bombus polaris, típico do círulo polar ártico.[6] Comen tamén abellas ou alimentan con elas as crías.[6] Adoitan ser moi mansos.
Os pilros canelos sospéitase que se hibridan cos pilros de Bonaparte e de Baird.
No sur de Asia, Australia e Suráfrica
editarEsta especie foi vista no sur de Asia polo menos en tres ocasións. Crese que estas aves en vez de chegaren á Arxentina foron desviadas polos ventos e acabaron no sur de Asia.[7] Tamén foi rexistrada en Australia en polomenos oito ocasións.[8] En 2001 un só destes paxaros foi visto en Marievale, Suráfrica.[9]
Notas
editar- ↑ "Calidris subruficollis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 372, 391. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Godfrey, W. Earl (1966). The Birds of Canada. Ottawa: National Museum of Canada. p. 161.
- ↑ Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Knopf. p. 192. ISBN 0-679-45122-6.
- ↑ Attenborough, D. 1998. The Life of Birds. p.206 - 208. BBC. ISBN 0563-38792-0
- ↑ 6,0 6,1 Statman-Weil, Zoe; Wojcik, Vicki. "The Arctic Bumblebee". www.fs.fed.us. USDA. Consultado o 6 November 2015.
- ↑ Thomas, Jayan (26 November 2011). "North American Sandpiper in Kerala". migrantwatch.in.
- ↑ "Decisions reached by BARC (The BirdLife Australia Rarities Committee)". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 14 de agosto de 2018.
- ↑ Rajeevan, P. C.; Thomas, Jayan. "Buff-breasted Sandpiper Tryngites subruficollis from northern Kerala : a third record for India" (PDF). Indian Birds.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilro canelo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pilro canelo |
Ligazóns externas
editar- Vídeos, fotos, e sons de Pilro canelo na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Pilro canelo en VIREO (Universidade de Drexel)
- Buff-breasted sandpiper Species Account – Cornell Lab of Ornithology
- Buff-breasted sandpiper - Tryngites subruficollis - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Tryngites-subruficollis - Gravacións de sons de Buff-breasted sandpiper en Xeno-canto.