Pilar Hidalgo

triatleta galega
(Redirección desde «Pilar Hidalgo Iglesias»)

Pilar Hidalgo Iglesias, nada en Cee o 3 de maio de 1979, é unha ex-triatleta galega.

Pilar Hidalgo
Nacemento3 de maio de 1979
Lugar de nacementoCee
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntriatleta
Na rede
Olympic.org: pilar-hidalgo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 2000 conseguiu os seus primeiros podios na Copa do Mundo de Tríatlon, con dous bronces en Toquio[1] e en Cancún.[2] Na cidade mexicana proclamouse, amais, campioa do mundo de ácuatlon [3] Ese mesmo ano quedou segunda no campionato de Europa sub-23 en Irlanda e subcampioa de España.[4][5] Dous anos despois, converteuse en campioa do Mundial sub-23 de tríatlon.[6]

En 2003 conseguiu o bronce no Campionato Europeo de Tríatlon de Valencia[7] e proclamouse campioa de España de tríatlon. Sumou, ademais, dous novos bronces nos Mundiais de Madrid[8] e de Atenas.[9] O ano seguinte revalidou o título do campionato de España[6] e logrou a prata na proba da Copa do Mundo de Tríatlon en Hungría.[10]

Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas e chegou á meta na posición 13ª,[11] cun tempo final de 2:07'37"34, lonxe das súas propias expectativas. Despois de Atenas obtivo outra prata na Copa do Mundo en Hamburgo.[12] Logo entrou nunha forte crise deportiva, acompañada dunha lesión que a mantivo case totalmente afastada da competición durante tres anos.

O 25 de marzo de 2007 regresou á alta competición na Copa do Mundo de Tríatlon de Mooloolaba (Australia), mais non conseguiu chegar á meta. O 6 de setembro de 2009, durante o Tríatlon de Puigcerdà, sufriu unha arritmia e o corazón púxoselle a 280 pulsacións por minuto.[6] Tivo que ser evacuada en helicóptero e ingresada na UCI.[13] Foille diagnosticada unha hipertrofia ventricular que a obrigou a deixar o deporte de maneira definitiva.[14]

En 2011 declarou que sufría bulimia nerviosa dende os 15 anos.[15]

Mellores resultados editar

Ácuatlon editar

Campionato do mundo
Lugar Posto Data Marca Medalla
  Cancún 1 2000 32'38''   Ouro

Tríatlon editar

Campionato do mundo
Lugar Posto Data Marca Medalla
  Queenstown 22 06.12.2003 2:11'27"
  Madeira 19 09.05.2004 1:55'48"
  Vancouver Non rematou 08.06.2008
Copa do Mundo
Lugar Posto Data Marca Medalla
  Toquio 3 16.07.2000 2:03'31"   Bronce
  Tiszaujvaros 5 06.08.2000 1:57'27"
  Cancún 3 5.11.2000 2:00'21"   Bronce
  Gamagori 14 15.04.2001 2:02'17"
  Ixigaqui 10 22.04.2001 2:00'55"
  San Petersburgo 34 27.04.2002 2:12'12"
  Tiszaujvaros 15 28.07.2002 1:58'36"
  Tiszaujvaros 7 3.08.2003 1:58'14"
  Madrid 3 21.09.2003 1:59'48"   Bronce
  Madeira 6 19.10.2003 2:02'23"
  Atenas 3 25.10.2003 2:7'13"   Bronce
  Geelong 5 23.11.2003 2:09'36"
  Tiszaujvaros 2 1.08.2004 1:53'00"   Prata
  Hamburgo 2 4.09.2004 1:58'59"   Prata
  Madrid 11 19.09.2004 2:10'41"
  Mazatlán 24.04.2005 non rematou
  Mooloolaba 25.03.2007 non rematou
  Ixigaqui 15.04.2007 non rematou
  Hamburgo 11ª 6.07.2008 2'02"38
  Kitzbühel 21ª 20.07.2008 2'03"31

Notas editar

  1. "Resultados de Toquio 2000". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Resultados de Cancún 2000". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  3. "Campionatos internacionais de tríatlon, dúatlon e ácuatlon". www.gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  4. "Palmarés Campionato de España de Tríatlon" (PDF). triatlon.org. Arquivado dende DE ESPAÑA DE TRIATLÓN.pdf o orixinal |url= incorrecto (Axuda) (PDF) o 16 de xullo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  5. "Resultados de Enniskillen 2000". tri.paul.italix.ch (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Pilar Hidalgo: "Simplemente quiero vivir"". 20 minutos (en castelán). 6 de outubro de 2009. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  7. "Pilar Hidalgo, bronce en Madrid". As (en castelán). 21 de setembro de 2003. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  8. "Resultados de Madrid 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  9. "Resultados de Atenas 2003". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  10. "Resultados de Tiszaujvaros". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  11. "Ana Burgos, séptima en triatlón". El País (en castelán). 25 de agosto de 2004. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  12. "Resultados de Hamburgo 2004". www.triathlon.org (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  13. "Pilar Hidalgo, la triatleta olímpica retirada al dar 280 pulsaciones: "Aún no he olvidado el susto"" (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  14. "Pilar Hidalgo deja el deporte por una dolencia que casi le cuesta la vida". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xaneiro de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  15. "Pilar Hidalgo: «Ingresé al ver que podía perder a mi pareja y mi vida»". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xuño de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2019. 

Ver tamén editar

Bibliografía editar