Pilar Fernández Seijo

sindicalista e guerrilleira antifranquista galega

Pilar Fernández Seijo, coñecida como Montañesa, nada en Vilagarcía de Arousa cara a 1895 e finada no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi unha sindicalista e guerrilleira galega.

Modelo:BiografíaPilar Fernández Seijo
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, asfixia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Membro de

Nomes e Voces: 765

Traxectoria

editar

Veciña de Trabanca Badiña. Do sindicato de metalúrxicos da CNT de Vilagarcía de Arousa. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte e uniuse ao grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre con Ángel Buceta Loroño, Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que tamén se incorporaron Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a súa casa de Trabanca Badiña na que estaban refuxiados, pero lograron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta entregouse ao día seguinte. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenderon lume ao edificio e morreron carbonizados Pilar Fernández, Rodrigo Berruete, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[1] Foi xulgada por rebelión, pero suspenderon as actuacións.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar