Manuel Limeres Ordóñez
Manuel Limeres Ordóñez, nado en Vilagarcía de Arousa cara a 1907 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 16 de febreiro de 1937 (29/30 anos) Loenzo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Traxectoria
editarXornaleiro. Membro da CNT e militante do PCE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de participar no asalto ao Club de Regatas de Vilagarcía. Fuxiu ao monte. Integrouse no grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre cos fuxidos Ángel Buceta Loroño Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se incorporou con Urbano Tarrío Montero, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo. Perseguidos pola Garda civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falange e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz. O 16 de febreiro foron cercados nunha casa de Loenzo, os franquistas prenden lume ao edificio e morreron carbonizados Rodrigo Beruete, Pilar Fernández, Manuel Limeres e Antonio Sayanes. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio de Vilagarcía e soterrados nunha fosa común sen nome.[1][2][3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. pp. 294–302. ISBN 978-84-09-02453-7.