Pilar Bayés i de Luna, nada en Vic (Barcelona) o 21 de abril de 1941,[1] é unha debuxante e caricaturista catalá, máis coñecida como Pilarín Bayés.[2]

Infotaula de personaPilarín Bayés

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Pilar Bayés de Luna Editar o valor em Wikidata
21 de abril de 1941 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Vic, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia Catalana de Belas Artes de San Jordi Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, ilustración, Caricatura e teatro de fantoches (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónilustradora , pintora , caricaturista , debuxante de banda deseñada , monicrequeira , debuxante , puppet designer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntonio Bayés de Luna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesJoaquín Vayreda y Vila (pt) Traducir (bisavó)
Antoni Bayés i Fuster (pt) Traducir (bisavó) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webpilarin.cat Editar o valor em Wikidata
Instagram: pilarinbayes Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi de Barcelona de 1959 a 1964. Os seus debuxos caracterízanse por un ton infantil e inxenuo, mais ao mesmo tempo cheo de graza e ironía, nun estilo moi persoal. Un trazo típico dos personaxes que debuxa é que todos teñen as fazulas vermellas.[3]

Estivo moi vencellada á revista Cavall Fort, na que colabora desde 1964.[1] Tamén ilustrou numerosos libros de carácter didáctico ou narrativo, e tamén aucas ou carteis, entre outros, como El meu pardal (1964), da editorial La Galera, co apoio da pedagoga Marta Mata i Garriga.[1] Malia a súa obra estar dirixida principalmente ao público infantil e xuvenil, tamén publicou caricaturas en xornais como El Correo Catalán, Oriflama ou El 9 nou.

Está moi vinculada á localidade de Tona (Osona). De nena pasaba alí os veráns no Balneari Ullastres, propiedade da familia. En 2011 ela e o seu irmán, o cardiólogo Antoni Bayés i de Luna, foron nomeados fillos adoptivos da vila.[4]

Pilarín compaxina o seu traballo co compromiso social, político e relixioso. A ilustradora participou activamente coa súa obra no proceso de recuperación da lingua e cultura catalás, menosprezadas polo franquismo. A súa traxectoria fica reflectida no libro da Editorial Mediterrània Pilarín, la força de la il·lusió, e Amb barret o sense, escritos por Maria Àngels Ferrer.

En 2017 formou parte da candidatura de Junts per Catalunya por Barcelona nas eleccións ao Parlamento de Cataluña.[5]

É bisneta do pintor Joaquim Vayreda i Vila e do médico Antoni Bayés i Fuster, cofundador do Balneari Ullastres.[2]

Ten catro fillos (María, Martí, Margarida e Roger) e oito netos.[6]

Obra editar

Pilarín ilustrou uns 700 libros traducidos a varios idiomas e traballou en formatos moi diferentes, como aucas, carteis ou grandes murais, amais da escultura. Un momento importante na súa vida profesional foi cando comezou a traballar na revista Cavall Fort e na editorial La Galera. Comezou así a transmitirlle o seu amor por Cataluña ao público infantil. Tamén colaborou coas editoriais Narcea, la Gaya Ciència, Casals, Vicens Vives, Abadia de Montserrat, Toray, Claret, Eumo, Edibook, Ediciones Miquel Sánchez e Editorial Mediterrània. Nesta última ilustrou os 285 números da colección Petites Històries.

 
Obra de cerámica pintada no frontispicio da porta da Escola Infantil Josep Pallach de Gavà (Barcelona).

A obra representa diversas figuras do que poderían ser seres con ás de bolboreta que, sobre un fondo estrelado, levan e interactúan con algúns ingredientes típicos da cociña catalá (espárragos, ovos, sal e aceite). No centro atópase o escudo de Gavà, do que pendura unha grilanda de flores.

A maioría dos seus debuxos consérvanse en diferentes museos cataláns, como o Museu Episcopal de Vic, a Biblioteca Museu Víctor Balaguer, o Museu d'Art Modern de Tarragona, o Museu Comarcal de Manresa ou o Museu de la Pell d'Igualada i Comarcal de l'Anoia.[7] Parte da súa colección persoal consérvase no Arxiu Nacional de Catalunya, en concreto, a obra impresa. Inclúe cinco carteis e dezasete aucas de temática moi diversa: festas, conmemoracións ou efemérides de institucións, empresas, personaxes, vilas e cidades, ou actividades como o deporte ou o comercio. Foron entregadas ao arquivo por ela mesma.[8]

 
Portadas de libros ilustrados pola autora na exposición "Benvinguts al circ de la Pilarín", no Centre Cultural Terrassa, en 2017
  • ABCDari per a Adults (2016), con letra de Òscar Dalmau[9][10]
  • L'auca de Vic,[11] texto de Joan Sunyol, Ed. Martín Casanovas, 1979
  • Auca de Mn. Francesc Vicent Garcia,[12] texto de Joan Vilamala i Terricabras
  • Auca dels Altres Catalans, texto de Joan Vilamala, sobre o libro Els altres catalans de Francesc Candel, 2010

Obras destacadas editar

  • s/d (finais do século XX) - Remullada popular (debuxo a cor sobre papel), conservado na Biblioteca Museu Víctor Balaguer.[7]
  • c. 1983 - Carnestoltes (tinta sobre papel), conservado na Biblioteca Museu Víctor Balaguer. [7]
  • 1988 - Cal Boyer (lapis de cores sobre papel), conservado no Museu de la Pell d'Igualada i Comarcal de l'Anoia.[7]

Exposicións editar

 
Exposición no Palau Robert

En setembro de 2011 inaugurouse no Museu de l'Art de la Pell de Vic a exposición antolóxica Benvinguts al Circ de la Pilarín, un percorrido pola súa traxectoria profesional que percorreu varias cidades.[13][14]

En abril de 2012 inaugurouse no Palau Robert de Barcelona a exposición Pilarín, 50 anos dibuixant per a tots.[15]

Premios e recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Redacció osona.com, ed. (1 de febreiro de 2011). "Tona nomena els germans Bayés fills adoptius del municipi". 
  2. 2,0 2,1 "Ajuntament de Tona" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2010. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  3. Casas, Sònia (xaneiro de 2010). Sàpiens (Barcelona) (núm. 87): p. 15. ISSN 1695-2014.  Falta o |title= (Axuda)
  4. Vilaweb, ed. (4 de febreiro de 2011). "Els germans Antoni i Pilarín Bayés nomenats fills adoptius de Tona". 
  5. "Junts per Catalunya, la llista del PDECat que encapçalarà Puigdemont". VilaWeb. 13 de novembro de 2017. 
  6. Ara, ed. (25 de setembro de 2021). "Quatre fills, vuit nets i mil llibres: la font de l'alegria de Pilarín Bayés". 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Generalitat de Catalunya (ed.). "Museus en línia. Departament de Cultura i Mitjans de Comunicació de la Generalitat de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  8. Arxiu Nacional de Catalunya (ed.). "Fitxa del fons". 
  9. Dalmau, Òscar (2016). ABCDari per a Adults. Barcelona: Casa Catedral. ISBN 978-84-943860-3-9. 
  10. Serra, Laura (8 de abril de 2016). "La dibuixant i Òscar Dalmau publiquen l'àlbum ‘Abcdari per a adults': de la A d'‘adulteri’ a la Z de ‘zoofília’". Ara. 
  11. L'auca de Vic
  12. "Auca de Mn. Francesc Vicent Garcia". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2022. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  13. Serra, Laura (28 de setembro de 2011). Ara (Barcelona): p.26.  Falta o |title= (Axuda);
  14. Editorial Mediterrània - Obra Social Sant Joan de Déu (ed.). "El premi - Premi Pilarín Bayés". 
  15. "Exposició "Pilarín, 50 anys dibuixant per a tots"". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2012. Consultado o 27 de maio de 2022. 
  16. 16,0 16,1 "Pilar Bayés i de Luna". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  17. L'univers de Pilarín Bayés s'obre a la ciutat de Vic amb un parc infantil inspirat en el conte d'en Patufet a VilaWeb, 5 de setembro de 2013

Bibliografía editar

  • FERRER, M. Àngels. Pilarín: la força de la il·lusió. Barcelona: Ed. Mediterrània, 2007.
  • FERRER, M. Àngels; VIDAL, Jaume. Pilarín. Amb barret o sense. Barcelona: Norma Editorial, 2013.
  • GUTIÉRREZ, Thaïs. Tot el que hem viscut: converses amb Pilarín i Antoni Bayés de Luna. Barcelona: Columna, 2014.

Ligazóns externas editar