Pietro Tilkian, nado o 24 de febreiro de 1809 en Angora (Imperio Otomán) e finado o 4 de xuño de 1885, foi un eclesiástico católico armenio, bispo de Bursa, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

Pietro Tilkian
Bispo da Igrexa católica armenia
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1809 en Angora, Imperio Otomán
Pasamento4 de xuño de 1885
Ordes
Ordenación sacerdotal14 de febreiro de 1833, por Antoine Nouridjian
Consagración episcopal31 de outubro de 1858, por Antón Pedro IX Hasownean
Bispo de Bursa
1858 - 1885
PredecesorGregorio Bahadur
SucesorPascal Giamgian
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu o 24 de febreiro de 1809 en Angora, fillo de Bedros e Mariam. Estudou a lingua armenia en Angora, e alí se preparou para a vida eclesiástica recibindo clases particulares de diferentes sacerdotes, ao non haber na rexión seminario (entre eles Gregorio Bahadur, posteriormente bispo de Bursa). Foi ordenado sacerdote o 14 de febreiro de 1833 en Constantinopla, polo arcebispo de Constantinopla Antoine Nouridjian.

Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[1]

Notas editar

  1. Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 42. Tilkian Pietro, Vescovo di Bursa (Rito Armeno). 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.