Pierre Fontaine

compositor francés

Pierre Fontaine, nado arredor de 1380 e finado cara a 1450, foi un compositor francés da era de transición entre a baixa Idade Media e o abrente do Renacemento, membro da escola de Borgoña de compositores francoflamengos. Malia ter sido ben popular no seu tempo, hoxe non se conserva a maioría da súa música. Todo o conservado son cancións profanas.

Pierre Fontaine
Nacemento1380
Lugar de nacementoRuán
Falecemento1450
NacionalidadeFrancia
Ocupacióncompositor
Na rede
IMDB: nm2348747 Musicbrainz: cc8d30fe-40c5-4c65-9f2c-b0c983b9ff30 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Rouen, onde se supón que recibiu a súa primeira formación musical. Cara a 1403 era cantante no coro da grande capela do duque Filipe II de Borgoña e, ao disolverse esta en 1404, pasou a ser crego da Santa Capela deBourges, onde ficou ata, polo menos, 1407.[1]

Voleu exercer como cantante na capela da corte de Borgoña cando esta foi reconstituída en 1415, logo dun período de inactividade, por Xoán I de Borgoña (Xoán Sen Medo), o novo duque de Borgoña. Á morte do duque en 1419, Fontaine deixou a capela e foi ao norte de Italia, onde se uniu aos cantantes da capela do papa Martiño V. Aí debeu permanecer, polo menos, ata o principio da década de 1420. Arredor da fin desa década volveu a Borgoña, onde volveu cantar na capela, esta vez baixo Filipe o Bo, e onde ficou polo menos ata 1447.

O único dato coñecido en relación coa súa morte é a contratación do seu substituto en 1451, o que fai pensar que falecera recentemente.[2]

ObraEditar

Hoxe coñécense sete composicións de Fontaine, todas elas para tres voces: seis rondós, unha balada (dous dos tres tipos de canciónscoñecidos como "formas fixas" ou formes fixes.

Estas pezas conteñen algunhas características pouco habituais. J'ayme bien celui, un rondó, inclúe a infrecuente anotación "trompeta contratenor" para a voz máis baixa, indicando que se debía executar cunha trompeta de varas, un instrumento relacionado co trombón. Non só se trata dun caso raro de requirimento dun instrumento específico nas composicións do século XV, senón que a peza contén notas que están fora do que era habitual nesa época: a parte de trompeta contratenor descende máis abaixo do sol grave habitual. Chegouse a suxerir que Fontaine non fose o autor desta parte, xa que esta aparece só nunha das fontes nas que se conservou o rondó: o manuscrito Escorial V.III.24.[3]

A maioría das pezas de Fontaine son sinxelas, coa melodía por baixo das voces, coma as composicións típicas da Borgoña da época.

ObrasEditar

  • A son plaisir volentiers serviroye (rondó).
  • De bien amer (rondó).
  • J'ayme bien celui qui s'en va (rondó).[4]
  • Mon cuer pleure (rondó).
  • Pastourelle en un vergier (balada).
  • Pour vous tenir/Mon doulx amy.
  • Sans faire de vous departie (consérvase un arranxo separado desta peza, que utiliza o tenor como danza base, nun manuscrito de Bruxelas pertencente a Margarida de Austria, neta de Carlos o Temerario).[5]

NotasEditar

  1. Craig Wright. "Burgundy". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians.
  2. Wright, Graig. "Pierre Fontaine". Grove Music Online.
  3. Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Páxina 35.
  4. Gravación da composición en Youtube. Ensemble Ars Italica. Sigrid Lee, Francis Biggi & Marco Ferrari, dir. "Musica del XV Secolo in Italia".
  5. Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Páxina 36.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Craig Wright. "Pierre Fontaine". Grove Music Online. Ed. L. Macy.
  • Craig Wright. "Burgundy". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie.Londres, Macmillan, 1980. [ISBN 1-56159-174-2]
  • Reese, Gustave. Music in the Renaissance. Nova York, W.W. Norton, 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
  • Stevens, Denis. A History of Song. W. W. Norton, 1970. [ISBN 0-393-00536-4]