Abrir o menú principal

Pierre Firmin Bédat

Pierre Firmin César Auguste Bédat, nado o 11 marzo de 1774 en Baiona, onde finou en 1851, foi un militar francés.

Pierre Firmin Bédat
Nacemento11 de marzo de 1774
 Baiona
Falecemento1851
 Baiona
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónoficial
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Xefe de escuadrón e coronel das tropas de Napoleón, foi nomeado por Napoleón I Baron de Empire o 9 de marzo de 1810. Foi tamén beneficiario en Westfalia e nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.

Durante a guerra da independencia española estivo en Galicia baixo o mando do xeneral Soult, tendo acampado en Pontedeume co seu escuadrón de cabalería desde o 20 de xaneiro ao 2 de febreiro de 1809.

Pierre Bédat tivo dous fillos: Adèle, nada en 1796, e Pierre Marie Adolphe nado en 1800.

Véxase taménEditar