Picheleiro é un xentilicio non oficial co que se designa aos habitantes da cidade galega de Santiago de Compostela.[1]

O termo, etimoloxicamente de orixe francesa, orixinouse pola rivalidade con outras vilas galegas. Ao ter Santiago de Compostela unha longa tradición de grandes artesáns prateiros e acibecheiros, os picheleiros eran artesáns que facían picheis e diversos trebellos de cociña. Para esta tarefa, servíanse do estaño, un metal moito menos nobre. De aí o xentilicio.

A industria do estaño en Compostela tivo unha importancia capital, tal e como indica Eladio Rodríguez no seu dicionario:

Los picheleiros constituyeron en Santiago desde mucho antes del siglo XV una floreciente industria... Los picheleiros no se limitaban a hacer jarras y vasijas, sino que fabricaban platos grandes y pequeños, vinajeras, cálices, custodias, copones, linternas, fuentes, escudillas, saleros, salseros, tazas, candeleros, asas, xarneiras, cruces y picheles redondos, cuadrados, grandes y pequeños...
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para picheleiro.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar